Mos
Esta semana reabriu as súas portas o albergue de peregrinos da Veigadaña
Este pasado venres celebrouse a reapertura do albergue de peregrinos de Veigadaña tras o parón de inverno durante o que se aproveitou para realizar melloras nas instalacións. O albergue abre as súas portas ó público de cara á nova tempada mañá sábado 19 de marzo, mentres que o acto oficial celebrouse esta tarde contando coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada de varios membros do equipo de goberno, membros da directiva da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, así coma habitantes da zona de Veigadaña.
O presidente da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña que xestiona o albergue, José Manuel Pousada Fernández, informaba de que durante esta segunda tempada as instalacións permanecerán en activo ata finais de octubre, todos os días en horario de 14.00 horas a 21.30 horas ininterrumpidamente cando non haxa peregrinos aloxados, mentres que se hai peregrinos abrirase a primeira hora da mañá para dar servizo de almorzos.
Durante o acto celebrado esta tarde déronse a coñecer as melloras incorporadas ás dependencias do albergue durante o cese invernal da actividade, tales coma accesos para discapacitados, sinais orientativos para os peregrinos en diversos idiomas e obras nos baños. Respecto dos accesos para discapacitados, Pousada declarou que “aínda que o edificio xa estaba adaptado, melloráronse máis todas as entradas e saídas ó mesmo, así coma os espazos de comunicación interiores, para facelos totalmente cómodos e transitables tanto para persoas con mobilidade reducida como en cadeira de rodas”.
O albergue de peregrinos da Veigadaña, publicitado na Guía Eroski-Consumer de albergues, na que aparecen todos os existentes no Camiño de Santiago, admite reservas previas por teléfono.
Este novo albergue de peregrinos instalado no local social da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña inaugurábase en marzo do ano pasado. A A.V.V. de Veigadaña decidiu que unha parte do local da asociación sexa empregado como Albergue de Peregrinos, ó atoparse o edificio ubicado en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela; e precisar o Concello de Mos de máis prazas de albergue posto que, ata o ano pasado, tan só existía un único albergue de peregrinos.
A relevancia da creación deste novo albergue radica, en primeiro lugar, en que está a ser un importante motor para o barrio da Veigadaña, xerando na zona un movemento que repercute positivamente no aumento do consumo, creación de postos de traballo, etc. En segundo lugar este albergue serve de reforzo ó de Santa Baia, na parroquia de Mos, que soía estar desbordado ó tratarse do único Albergue de Peregrinos existente no municipio mosense ata o ano pasado; polo que beneficia, en xeral, a todo o Concello e a tódolos camiñantes que desexen facer parada e pernoctar en Mos.
A propia Axencia de Turismo de Galicia asesorou á Asociación de Veciños durante todo o proceso de estudio, deseño, proxección e tramitación deste novo albergue. Os usuarios destas instalacións contan, ademais de con servizo de aloxamento, con cafetería, posibilidade de selado da cartilla para a obtención da Compostelana e material gráfico con información turística sobre o Camiño de Santiago Portugués, sobre a provincia de Pontevedra e sobre o Concello de Mos.
Por último, Pousada quixo agradecer o apoio do Concello de Mos a este proxecto e puntualizar que só unha parte do local social da A.V.V. Veigadaña está habilitada como Albergue de Peregrinos, mentres que o resto das instalacións continúan funcionando como ata o de agora, como sede da asociación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136