Sábado, 25 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 19 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

As “Mareas” estiveron hoxe no Pazo de Mos

[Img #23723]

 

Este sábado celebráronse en Mos dous actos relacionados coas Mareas.

 

Pola mañá tivo lugar unha “Xuntanza Intermareal”, na que participaron as Mareas municipalistas da provincia de Pontevedra, para continuar cos traballos de organización e “aglutinar todos estes procesos nados o pasado 24M”. O obxectivo foi artellar canles de comunicación e intercambio de iniciativas e ideas. En canto ao sistema organizativo decidiuse coordinarse por comarcas, para así comezar a desenvolver traballos sobre materias concretas e tamén favorecer a apertura de novas Mareas nas localidades onde aínda non existen. Estivo presente o representante na Deputación de Pontevedra, Xose Lois Jácome, o cal se comprometeu a reunirse cos concelleiros das Mareas “para canalizar as demandas das candidaturas municipais na Deputación”.

 

Este proceso aberto de coordinación pretende ser complementario co espazo “En Marea” e “cos procesos de confluencia nos que participamos todas as Mareas en todo o país. Todo este         traballo de coordinación queremos facelo tamén implicando o          tecido asociativo e os movementos sociais existentes, en pé de        igualdade coas Mareas existentes. Esta será unha liña de traballo             preferente nas vindeiras reunións intermareais”.

 

 

Xa pola tarde, ás 16:30h, o Pazo de Mos acolleu o Primeiro Encontro Aberto da deputada Alexandra Fernández, de En marea, coa cidadanía. Nun “exercicio básico de dialogo democrático Fernández deu conta da conformación e da situación actual do grupo parlamentario e do proceso de negociacións aberto en Madrid para a posible conformación dun goberno de cambio”. Logo da exposición os asistentes tiveron a oportunidade de abrir un dialógo coa parlamentaria e resolver todas as dúbidas que tiñan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.