SALCEDA DE CASELAS
O PP critica que o PXOM é un documento "á medida do alcalde"
Santiago Rodríguez di que non se recolle ningunha das 200 propostas presentadas polos veciños, nin unha soa suxestión dos grupos da oposición.
O voceiro do PP de Salceda, Santiago Rodríguez, critica que o Plan Xeral que se levou ao último pleno municipal "é un documento á medida do alcalde Marcos Besada, pero que dá as costas ás principais necesidades dos veciños". O popular di que "o alcalde quere impoñer o seu PXOM, como se tivese a representación maioritaria do pobo salcedense, e asegura que non se pode entender que o plan urbanístico non recolla nin unha soa das 200 aportacións que fixeron os veciños, nin tampouco ningunha das suxestións presentadas polos partidos da oposición".
Tamén se defenden os populares de que non son eles os que poñen e xogo o futuro de Salceda. “É a responsabilidade do goberno, e si pensa o alcalde que por levar ao límite os prazos o PP vaise sentir presionado para cambiar o sentido do seu vota, está equivocado”, engade o voceiro.
Recordan que xa lle advertiron nas comisións que as formas, o plantexamento o e o proceder dos traballos non eran de recibo. “E a pesar de todo, nós nunca nos levantamos de ningunha mesa, estivemos ata o último día sumando, intentando acordar, propoñendo e sendo coherentes, rigorosos e sensatos nas nosas peticións e demandas”, aclara Rodríguez.
O 28 de xaneiro o PP presentou por rexistro as súas suxestións máis importantes, diferenciando o casco urbano das parroquias, e centrándose sempre no interese xeral. “Non nos fixamos en fincas, terreos ou naves que son propiedade dos familiares directos dos concelleiros do goberno, ou mesmo de algún deles. E que claman ao ceo a súa incorporación a este documento”, denuncia.
A xuízo dos populares, o documento que quere impoñer o goberno municipal non fai unha transición harmónica entre o rural e o urbano, e o crecemento poboacional que propoñen é irreal. Algunhas das súas propostas son o cambio de rotonda sobre a PO-510, e da situación de zonas deportivas. Tamén a mellora da estrada entre talleres Altamira e a A.VV. Caselas, así como do nó do alto da Forca e dos viais entre parroquias e internos. Suxiren, ademais, aumentar as zonas educativas, redución os Ámbitos de Planeamento Remitido, e consolidar a zona comercial de Tabernanova, en Soutelo.
“Agora di que fai súas estas propostas, que se compromete a recollelas todas. Como sempre, boas palabras. Pero o tempo e os feitos nos teñen demostrado que logo non cumpre. Por que temos que crerlle esta vez? Por que non admitiu as propostas por escrito a través dos documentos do propio PXOM?”, subliña o voceiro. “Dános a impresión de que si no pleno lle propoñemos que faga un aeroporto, tamén o aceptaría”.
A realidade, din os populares, é que nos 9 anos que Marcos Besada leva de alcalde, xa anulou dous contratos de empresas que desde o ano 2007 traballaron na redacción do PXOM. “De 2007 a 2013 despilfarrou 80.000 euros, pola súa irresponsabilidade, ineficacia e falta de rigor”, critica.
POLÍGONO INDUSTRIAL
Os populares de Salceda tamén critican o ocorrido no último pleno durante o debate da modificación das normas subsidiarias no lugar do Cerquido, en Budiño. O PP amosou a súa disconformidade con este punto, porque entende que esta proposta “vai de pelotazo cara arriba" e por este motivo solicitaron a súa retirada da orde do día. “O PP quere zona industrial e quere que as empresas se regularicen, quere que aumenten as empresas que elixen Salceda para instalarse e apostamos polo aumento dos postos de traballo, pero sempre sen incluír os terreos da Rede Natura 2000”, explica o voceiro do PP.
Santiago Rodríguez critica que o alcalde fixera un receso no pleno para que os empresarios alí presentes puidesen incidir e insistir no cambio de voto dos concelleiros populares, “algo indecente por parte do alcalde, que utiliza o lexítimo interese particular para parapetarse detrás da súa falta de liderazgo”.
Os populares solicitaron a retirada deste punto porque o convenio “ten certas cousas que lles sorprenden”. Entre elas, que das 14 empresas que aparecen sinaladas, só 9 asinaron o documento. Ademais, din que a empresa que ten terreos na Rede Natura adianta os cartos por aquelas que non o puxeron ata o día de hoxe, e que as empresas localizadas no SU1 non eran coñecedoras do que se pretendía facer, que é incluír eses terreos da rede natura a costa de sacarlle a eles parte do seu terreo.
Nesta liña, o voceiro dos populares aclara que nunca se lles convidou a participar nin nas reunións mantidas entre a empresa redactora, os empresarios do Cerquido e o concello, nin na sinatura do documento. Di que recibiron o documento hai un mes, “e non puidemos participar en nada. O alcalde quere que apoiemos algo no que hai unha falta total de transparencia, tanto co PP como cos propios empresarios”.
Ademais acusa ao alcalde de querer vender que vai facer un ecoparque, zonas dotacioanis, equipamentos… “pero quere agochar a letra pequena, que é onde está o importante, e na que quere sacarlle a uns para darlle aos outros. Nos parece inmoral, pouco profesional e de unha inxustiza absoluta, sacar parte dos seus terreos aos veciños de Budiño para beneficiar a quen compraron cando xa existía a rede natura 2000”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149