PONTEAREAS
O PP levará a pleno un regulamento de acceso e uso das vivendas de emerxencia social
O Partido Popular de Ponteareas presentou por Rexistro de Entrada do Concello unha Moción para o seu debate no próximo Pleno da corporación Municipal dun "REGULAMENTO DE ACCESO E USO DAS VIVENDAS DE EMERXENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE PONTEAREAS".
Os populares a comezos de 2014 elaboraran un borrador de Regulamento de acceso e uso das vivendas de emerxencia social do Concello de Ponteareas que fora entregado á Secretaria habilitada nacional para que o informase e supervisase.
Recordar que o Concello de Ponteareas conta xa con varias vivendas nas antigas casas dos mestres do CEIP Nosa Señora dos Remedios e na escola unitaria de San Mateo de Oliveira, e dada a imperiosa necesidade de vivendas para aquelas familias que por diversas circunstancias poidan necesitar ter acceso temporalmente a unha vivenda digna é polo que o Grupo Municipal do Partido Popular de Ponteareas propón ao Pleno da Corporación Municipal un modelo base de Regulamento para o seu debate co fin de coordinar de forma consensuada esta necesidade.
As estancias de emerxencia en aloxamentos alternativos, teñen como obxectivo, paliar dunha maneira urxente e temporal, a ausencia de aloxamento en que calquera persoa se poida encontrar -sen distinción pola súa problemática específica-, debido a unha circunstancia de conflito no seu entorno familiar ou social. Inclúe estancias de aloxamento de urxencia en recursos públicos.
O Partido Popular de Ponteareas asegura se "consciente da presenza no noso municipio de familias que ante situacións de conflito no seu entorno de convivencia ou outras problemáticas específicas carecen de aloxamento e de medios persoais e familiares para dispor de vivenda propia, propón que se poña a disposición unha serie de vivendas de emerxencia social como parte do dispositivo público municipal de aloxamento alternativo, que deben ser destinadas a aloxamento temporal de unidades familiares en situación de grave dificultade social e/ou risco de exclusión social, e das que, os Servizos Sociais Municipais, son fundamentalmente coñecedores e coas que se intervén en aras de mellorar as súas oportunidades de inclusión social".
Por todo isto din que "o Concello dispón dunha vivenda do mestre na escola unitaria de San Mateo, tamén ao seren desafectadas as vivendas dos mestres do Colexio Nosa Señora dos Remedios, o Concello debería destinar varias das vivendas a vivendas de emerxencia social, un recurso social municipal de aloxamento alternativo e temporal, onde a súa necesidade se constata no ámbito dos Servizos Sociais Municipais, procede regular desde este marco, o procedemento de adxudicación e utilización, ao obxecto de garantir o acceso ás mesmas polas unidades familiares máis necesitadas, favorecendo procesos de inclusión social, así como promover a súa máxima rendibilidade social, dotándoas dun carácter temporal que permita a súa rotación".
Nesta proposta de Rgulamento, inclúense os apartados precisos para determinar e formalizar convenientemente este recurso municipal: Requisitos de acceso, Procedemento de adxudicación, Da incorporación e a estancia, Dereitos e deberes das persoas beneficiarias, Da finalización da estancia, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149