MOS
Mos proxecta inventariar de inmediato todos os camiños municipais
O documento dixitalizado será unha ferramenta de traballo eficaz para o Concello.
![[Img #23751]](upload/img/periodico/img_23751.jpg)
O concelleiro mosense de Patrimonio, Camilo Augusto, informou da intención por parte do Concello de Mos de contratar de xeito inmediato un inventario de camiños e viais municipais.
Dito inventario contemplará as vías dos núcleos e solo urbán e mediante a realización do mesmo preténdese, segundo declarou o propio Augusto, “especificar os camiños de titularidade municipal e regularizalos especificando os servizos e condicións de cada un dos viais inventariados e aunalos nun documento dixitalizado que permitirá axilizar a elaboración de informes técnicos municipais e, en consecuencia, as licenzas solicitadas polos veciños; entre outras moitas vantaxes”.
O edil Camilo Augusto asegura que coa contratación deste inventario preténdese “crear unha ferramenta de traballo eficaz para o Concello, que constituía unha demanda importantísima dende fai anos tanto por parte dos técnicos municipais como polos veciños e veciñas de Mos”. Augusto avanzou tamén que a previsión é de que ó longo do presente ano 2016 póidase xa comezar a operar co inventario.
O obxectivo deste documento é identificar, definir e valorar os viais públicos existentes nos núcleos rurais e solo urbán que están delimitados no PXOM, 119 en total. Para elo é necesario realizar un traballo de campo previo para levar a cabo a imprescindible verificación sobre o terreo das características físicas de todos e cada un dos camiños tales coma lonxitude total, anchura media, existencia ou non de saneamento, abastecemento, alumeado público; e tipo de pavimento. Ademais determinaranse mediante instrumental topográfico as coordenadas de inicio e final do camiño, así coma as dos puntos de intersección con outros camiños municipais, provinciais, autonómicos ou estatais. Obteranse tamén fotografías dos puntos xeoreferenciados.
Unha vez completado o traballo de campo nun núcleo rural e/ou solo urbán trataranse informáticamente os datos recollidos para completar unha ficha de cada vial. Ademais dos datos anteriores, a ficha deberá incluír unha valoración do camiño atendendo ás súas características peculiares, para o que previamente fixarase un valor unitario para cada parroquia dacordo cos arquitectos municipais.
O documento final presentarase composto de cartografía e base de datos. A cartografía cos camiños identificados sobre ela presentarase en formato PDF, imprimible en tamaños A3 ou A4. A base de datos recollerá todas as características dos camiños, de tal xeito que poida accederse á ficha de cada un deles tecleando o seu correspondente código, as coordenadas dun dos seus extremos, ou o seu nome común. Esta base de datos permitirá a impresión da ficha que constará da configuración e distribución de información que se acordará cos técnicos municipais.
O inventario de camiños descrito consta, polo tanto, dunha parte gráfica (planos en PDF) e outra numérica ou dixital (base de datos) relacionadas entre sí.
Unha vez rematado o período de exposición ó público deste documento procederase á contestación razonada das alegacións presentadas, modificando no seu caso os datos que procedan en coordinación cos técnicos municipais. O expediente completo do inventario de camiños será aprobado polo Pleno da Corporación Municipal.
Este inventario ven a complementar o arduo labor municipal, primeiramente de nomeamento e sinalización de tódolos viais municipais e renumeración de tódalas vivendas, seguidos da confección dun rueiro recentemente presentado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136