OIA
O novo centro de saúde de Oia niciou a súa actividade con absoluta normalidade
Os profesionais atenderon hoxe nas novas instalacións a 90 pacientes.
A EOXI de Vigo estreou hoxe o novo centro de saúde de Oia. Neste primeiro día de funcionamento, que se desenvolveu con absoluta normalidade, os profesionais atenderon nas novas instalacións a un total de 90 pacientes.
Neste novo edificio sanitario, cofinanciado con fondos FEDER, a administración galega realizou un investimento de 1.002.207 euros. Enmárcase na Estratexia do Sergas de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.
Nesta obra, cofinanciada con fondos FEDER, o Servizo Galego de Saúde realizou un investimento de un millón de euros
A obra, realizada pola empresa Obras y Servicios Gómez Crespo, ten unha superficie construída, de 680 metros cadrados.
O seu programa funcional conta cunha área médica con dúas consultas de medicina xeral, dúas consultas de enfermería e unha área de atención materno infantil cunha sala da muller e consulta de pediatría. Ademais, dispón dunha consulta polivalente, e área de administración con arquivo, almacéns, vestiarios e outros servizos comúns.
Equipamento actualizado
As novas dependencias están dotadas de todos os medios técnicos e diagnóstico necesarios, que permitirán incrementar a capacidade resolutiva deste nivel asistencial. Neste senso hai que subliñar que conta cun equipamento de tecnoloxía sanitaria completamente renovado: electrocardiógrado, espirómetro, monitor da presión arterial (MAPA); doppler vascular; desfibriladores e oxímetros de pulso.
As novas instalacións están dotadas de todos os medios técnicos e diagnósticos que permitirán incrementar a capacidade resolutiva deste nivel asistencial
Isto facilitará que os seus profesionais, ademais de realizar a propia actividade asistencial, poidan realizar actividades preventivas e desenvolver os programas de protección e promoción da saúde (programa do neno san; programa de atención ao paciente crónico; o Control do Tratamento con Anticoagulantes orais,SINTRON; e atención á Muller, etcétera).
Datos asistenciais
O centro de saúde de Oia da cobertura a unha poboación de 2.442 usuarios, dos que 205 son nenos menores de 14 anos.
O centro conta cun equipamento tecnolóxico completamente renovado
O cadro de persoal deste centro está formado por dous médicos xerais, dúas enfermeiras, un PSX (persoal de servizos xerais), e unidades de apoio como pediatra, matrona e traballador social.
En canto a actividade asistencial, este equipo multidisciplinar realizou o pasado ano un total de 17.000 consultas, entre as de adultos e nenos, e un cento de cirurxías menores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56