Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 21 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra súmase ó Día Mundial da Síndrome de Down

A fachada do Pazo Provincial está xa decorada con globos azuis e amarelos e, esta noite, tinguirase de azul para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down.

[Img #23743]

 

A Deputación de Pontevedra sumouse hoxe, 21 de marzo, ó Día Mundial da Síndrome de Down, declarado por Nacións Unidas en novembro de 2011 como símbolo da trisomía do cromosoma 21 que se traduce na Síndrome de Down. Para elo, a fachada do Pazo Provincial da institución está decorada xa con globos azuis e amarelos e, esta noite, tinguirase de azul.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aproveitou esta ocasión para destacar a necesidade de visibilizar a Síndrome de Down entre a opinión pública así como reivindicar o papel das persoas que conforman este colectivo como cidadáns con dereito a unha vida en igualdade de condicións e oportunidades que o resto da sociedade.

 

 

 

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou a necesidade de visibilizar a Síndrome de Down e reivindicar o papel das persoas que conforman este colectivo na sociedade

 

 

 

Amais, tamén hoxe con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, a deputada delegada de cohesión social e xuventude, Digna Rosa Rivas, mantivo unha reunión coa Asociación de Síndrome de Down Xuntos Pontevedra. Neste encontro, a deputada amosou a total colaboración  da Deputación de Pontevedra para que a sociedade teña coñecemento do traballo que Down Xuntos leva a cabo para impulsar actuacións que melloren a condición de vida das persoas coa Síndrome de Down.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.