Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 22 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta licita as obras de reforzo de firme en catro estradas ao seu paso polos concellos de Vigo, Mos, O Porriño e Gondomar

[Img #23745]A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica  no Diario Oficial de Galicia (DOG) as obras de reforzo de firme en catro estradas autonómicas na provincia de Pontevedra, concretamente nos concellos de Vigo, Mos, O Porriño e Gondomar.

 

Trátase das estradas Sanguiñeda- N-120 (PO-511); Torneiros- Gondomar (PO-331); Sanguiñeda- Torneiros (PO-329) e Tui- A Ramallosa (PO-340), cuxas melloras beneficiarán a máis de 376.000 habitantes.

 

 

A Axencia Galega de Infraestruturas está a desenvolver unha intensa campaña de reparación de firmes en varios treitos de estradas da rede autonómica, de acordo coas prioridades técnicas establecidas tras estudar o estado do firme de toda a rede. Con estas actuacións, no ano 2016 previse actuar na mellora 570 quilómetros da rede autonómica.

 

Estes reforzos, que levará a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) nun prazo de tres meses aproximadamente, contarán cun orzamento de máis de 605.000 euros.

 

Na estrada PO-329, (Sanguiñeda (PO-511)- Torneiros (PO-511)), realizarase unha habilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a vía, de 850 metros de lonxitude, que é unha das travesías do Porriño.

 

No caso da PO-331, (Torneiros (PO-511) - Gondomar (PO-340)), as obras centraranse na reparación dos puntos que presentan deformacións mediante fresado e reposición.

 

Na PO-340, (Tui (N-550) - A Ramallosa (PO-552)) executarase a rehabilitación localiza mediante fresado e reposición, nos PKS 0+500 e 21+500, e en puntos comprendidos entre os PK´s 16+700 (no núcleo de Gondomar) e 19+000 (enlace coa AG-57).

 

Na PO-511, (Sanguiñeda (N-120) - Torneiros (PO-331)), as actuacións consistirán na rehabilitación localizada mediante fresado e reposición ao longo de toda a estrada, de 510 metros de lonxitude.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.