PROVINCIA
Catro novas empresas ultiman os trámites para instalarse no viveiro de Barro-Meis
![[Img #23747]](upload/img/periodico/img_23747.png)
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que catro novas empresas están a ultimar os trámites para ocupar espazos do viveiro de Barro-Meis. Estas catro empresas uniranse en breve a Eurotec Inspección S. L., con quen xa se asinou o acordo de ocupación o mesmo día da inauguración do viveiro.
Segundo destacou Carmela Silva, das catro empresas interesadas unha é de actividade sociosanitaria, formación e orientación; outra de transporte de mercadorías perecedoiras por estrada; outra de construción e rehabilitación enerxética de edificios; e outro emprendedor dedícase á comercialización, importación e exportación de froitas.
Ademais da empresa xa radicada, e destas catro que ultiman os trámites, hai outras catorce que xa se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para interesarse polo uso destes espazos.
Silva mostrou así a súa satisfacción polo interese que espertan os viveiros "pero, sobre todo, polo que respecta de creación de emprego que vai supor a instalación destas empresas". De feito, sinalou que, a menos dun mes da inauguración das instalacións, demostraron interese para ocupar un 37 por cento do espazo dispoñible. A presidenta afirmou que "non hai inmobiliaria que poida ofrecer estes datos a menos dun mes da inauguración das instalacións".
O viveiro de empresas radicado no polígono de Barro-Meis dispón de 16 naves dunha superficie variable de 54,75 m² a 111,10 m²; vinte e catro oficinas dunha superficie variable de 18 m² a 25 m²; e tres espazos de 37 m² cada un, cunha capacidade para 12 postos de coworking.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136