Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 25 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Festival de Cans abre a convocatoria da Can Parade 2016

A recepción de candidaturas permanecerá aberta ata o día 22 de abril e poden participar creadores e creadoras emerxentes de todo Galicia e de todas as disciplinas artísticas.

O Festival de Cans volve abrir convocatoria para a que é xa a súa cita anual coa arte e os creadores e creadoras máis novos: a Can Parade. A través desta iniciativa convida a artistas, deseñadores, creadores ou colectivos de calquera disciplina e de calquera punto de Galicia a decorar libremente a silueta do seu emblema oficial, o Can de Cans, sen ningún tipo de restricións técnicas nin materiais.

 

As persoas interesadas en formar parte da mostra deben remitir un correo electrónico a canparade@festivaldecans.com antes do 22 de abril, no que manifesten o seu desexo de participar e inclúan os seus datos persoais, a súa formación e un portfolio, imaxe, documento ou enlace web no que se poidan ver algúns dos seus traballos (web persoal, perfís ou páxinas en redes sociais: facebook, twitter, instagram, tumblr...) para poder ser avaliados á hora de realizar a escolla.

 

Unha comisión de persoas da organización do Festival, coordinada por Alberto Alcalde, escollerá aos 10 creadores finalistas. Nesta edición, con motivo do Ano Castelao promovido pola Deputación de Pontevedra, o festival valorará tamén á hora de realizar a selección das creacións presentadas, motivos relacionados coa obra gráfica e plástica deste autor.

 

Visibilizar o traballo de creadores emerxentes sacando a arte á rúa
A organización facilitarlles a silueta do Can de Cans en gran formato ás dez persoas seleccionadas para que poidan plasmar a súa creatividade sobre ela. O resultado poderá verse na noite do xoves 19 de maio no Calexón de San Sebastián do Porriño, durante a Noite Gia dos Videoclips, que suma a estrea da Can Parade ao concurso de videoclips e a música en directo na rúa. O público asistente poderá votar a peza que máis lle guste e o autor ou autora do Can gañador recibirá o trofeo do festival deseñado polo escultor local Paco Candán. Así mesmo, a súa obra pasará a formar parte da colección de arte do Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, entidade patrocinadora desta actividade.

 

 

[Img #23763]

 

 

Para que cheguen a máis xente, cada unha das pezas expoñerase nunha das salas de proxección do festival durante o seu día grande, o sábado 21 de maio. Os obxectivos principais desta actividade, xa de programación permanente no certame, son dar a coñecer o traballo de artistas e colectivos artísticos emerxentes, sacar a arte á rúa e dinamizar un espazo público pouco transitado, malia estar no centro da vila. Nas últimas edicións participaron artistas das máis diversas disciplinas, tales como fotógrafos, graffiteiros, creadores de artes plásticas ou debuxantes de banda deseñada, e das catro provincias galegas.

 

5 jalpóns seguen buscando padriño
A dous meses das datas de celebración do festival continúa aberta a campaña “Apadriña un jalpón”, con cinco salas dispoñibles, así como outras posibilidades de patrocinio e colaboración. Xa se teñen confirmado diferentes colaboracións, como varios festivais, eventos que terán lugar en Portugal e distintos puntos de Galicia ou axencias de viaxes que se van anunciar en Cans. Con todo, o certame precisa seguir sumando entidades colaboradoras para garantir o seu financiamento e viabilidade.

 

 

[Img #23762]

 

 

É por iso que o festival quere facer un último chamamento a marcas, empresas, eventos e institucións para que cada unha das súas salas conte cun padriño ou madriña que faga posible o seu mantemento e actividade. Son un espazo promocional singular e privilexiado, nun evento polo que pasan máis de 13.000 persoas e cun gran alcance e repercusión. O festival comprométese tamén a buscar fórmulas de colaboración á medida de cada patrocinador. Aquelas empresas que estean interesadas en apoialo poden contactar coa organización a través do mail patrocina@festivaldecans.com.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.