PONTEAREAS
Ponteareas xa rexistra máis de 100 inscritos para os cursos de manexo de produtos fitosanitarios
70 deles son desempregados e pensionistas - O primeiro grupo comeza o vindeiro 29 de marzo.
Os cursos básicos de manipulación de produtos fitosanitarios organizados dende a concellería de Medio Rural xestionada por Manuel Troncoso comezan o vindeiro 29 de marzo. O Centro de Desenvolvemento Local (CDL), lugar onde se impartirá esta formación, xa rexistrou 101 inscricións, das cales 21 corresponden a persoas pensionistas, 49 a persoas desempregadas e 31 a persoas que neste momento se atopan en activo dende o punto de vista laboral. Tanto as persoas pensionistas como as que se atopen en situación de desemprego contan cunha subvención por parte do Concello, debendo aboar 45 euros polas taxas do curso. O resto de inscritos deberán aboar 65 euros.
O primeiro grupo de persoas comezará a realizar o curso o vindeiro martes, 29 de marzo. Aínda quedan prazas por cubrir, polo que a concellería de Medio Rural seguirá distribuíndoas por orde de solicitude, “de xeito que poidamos ofrecer un curso de imperiosa necesidade para o sector agrario do municipio ao maior número de persoas posible, garantindo ademais que ninguén se teña desprazar fóra do concello para realizalo”, sinalou Manuel Troncoso.
Os cursos están dirixidos a persoas censadas en Ponteareas e celebraranse os días 29, 30 e 31 de marzo e os días 1, 2, 9, 16, 23, e 30 de abril, en sesión matinal, de 09:00 a 14:00 horas. Todas aquelas persoas interesadas poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, con copia do DNI. Para máis información é posible acudir ás instalacións do CDL, situado en Lomba do Cruceiro, número 5, Ribadetea, ou chamar ao número de teléfono 986 66 10 50.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149