PROVINCIA
Unha aplicación informática mellora a indentificación das mostras nas análises clínicas nos Centros de Saúde
A informatización as salas de extraccións nos centros de saúde permite a identificación inequívoca dos pacientes, ao emitir as etiquetas tras a extracción e coa persoa diante.
![[Img #23815]](upload/img/periodico/img_23815.jpg)
Mellorar o proceso de identificación das mostras das análises clínicas e evitar aos pacientes as molestias de gardar cola cando acoden ao seu Centro de Saúde a realizalos. É o obxectivo da aplicación informática que xa se comezou a utilizar nos centros de Asistencia Primaria e que se ampliará a todos os que dependen da área que abarca a EOXI de Vigo.
A informatización das salas de extraccións dos centros de saúde cun módulo específico do sistema de información dos laboratorios do Complexo permite dar un paso mais na seguridade coa identificación e rexistro informático das mostras,por parte do persoal de enfermería, no momento da extracción de cada paciente. É un sistema que consta dunha ferramenta informática, un dispensador de etiquetas e unha pantalla táctil situados nos postos de extraccións de Enfermería.
Ata agora, o paciente que acudía a facerse análises clínicas ao seu centro de saúde debía esperar a que un administrativo emitise as etiquetas identificativas das mostras que traía consigo e das que ían identificar posteriormente á extracción. Desa forma, cada persoa debía agardar a obter primeiro as súas etiquetas e volver a esperar a que fose a súa quenda para entrar na sala de extraccións. Coa implantación do sistema evítase a primeira espera.
O usuario acude ó centro de saúde á hora aproximada da cita e se dirixe a sala de extraccións onde unha auxiliar de enfermería é a encargada de recoller as mostras que achega o paciente e de identificalas segundo o protocolo existente. A continuación será a enfermeira que realice a obtención das mostras a que, tras comprobar que o paciente está nas condicións necesarias e pedirlle que se identifique, seguindo o Protocolo de Identificación Inequívoca da EOXI ,emita as etiquetas con só un toque na pantalla táctil.
Sete centros de saúde
A aplicación informática funciona xa en sete Centros de Saúde de Vigo: Pintor Colmeiro, Nicolás Peña ,Navia, Bolivia, Rosalía de Castro-Beiramar, que é o que conta cun maior número de tarxetas sanitarias da EOXI de Vigo, Teis e Chapela.
A implantación iniciouse no centro de Pintor Colmeiro cun período de pilotaxe de dúas semanas, no que un equipo formado por dous informáticos, un facultativo de laboratorio e a subdirectora de enfermería, mantiveron unha xuntanza informativa inicial con tódolos profesionais do centro, posteriormente unha sesión formativa pra os profesionais de enfermería para, o día seguinte, iniciar a axenda de extraccións coa ferramenta informática.
Neste período de pilotaxe recolléronse tódalas diferentes situacións que se poden presentar para ter prevista a súa solución nos seguintes centros da implantación. Contouse coa boa disposición do persoal do centro en todo momento.
Formación
O manexo da aplicación é sinxelo, pero require que os profesionais de Enfermería e auxiliares estean familiarizados co seu uso. “Para iso levamos a cabo unha fase de formación en cada Centro de Saúde unha vez que o sistema se instala”, aclara Ana Estévez, subdirectora de Procesos de Enfermería sen ingreso e responsable da implantación do sistema.
A formación comeza cunha reunión de todo o persoal do Centro de Saúde do que se trate. Unha sesión que ten unha duración aproximada dunha hora. Nunha segunda fase, realízase formación específica para o persoal de Enfermería que traballa no equipo de análises clínicas do centro de Atención Primaria e ao terminar entrégaselle a cada profesional unha clave coa que se identificará no sistema e que permitirá a trazabilidade das mostras.
A terceira fase da formación consiste no uso práctico da propia aplicación. “Nese momento, e durante tres días comézase a traballar cunha lista reducida de pacientes. Unha vez testado o funcionamento do sistema e cando o persoal xa está perfectamente familiarizado co seu uso, ábrese a lista normal, que oscila duns centros a outros pero pode chegar a 120 pacientes atendidos no día.
A informatización das salas de extraccións de Atención Primaria foi financiada con fondos Feder da Unión Europea.
Ana Estévez resume que “de forma moi sinxela mellorará a fase preanalítica das mostras, tanto das aportadas polo paciente como as recollidas na sala de extraccións; se facilitará a trazabilidade e, indirectamente suporá unha maior comodidade para o paciente, que non terá que facer dúas esperas. Tamén é de destacar a comprensión dos usuarios no primeiro día da implantación en cada centro, asumindo con paciencia pequenas demoras, polo aprendizaxe do persoal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136