GONDOMAR
Peitieiros celebra a segunda edición do serán en homenaxe ás pandeireteiras
O CCV de Peitieiros quere así celebrar o día da muller.
O domingo 3 de abril, a partir das 17:00 h. no Adro de Peitieiros, onde estará instalada unha carpa, o Centro Cultural e Veciñal, en colaboración coa Comisión de Festas, organiza un Serán ao que convida a participar a todos os grupos e a todas as persoas que o desexen. A festa rematará cunha chocolatada para as e os participantes.
O CCV de Peitieiros, coa colaboración da Comisión de Festas, organiza este Serán para conmemorar o día internacional da muller cunha actividade festiva, un serán que arrinca como homenaxe ás pandeireteiras. E por iso convidamos a pandeireteiras, gaiteiros, e todo tipo de formacións tradicionais.
Coa presenza das Pandereteiras de Gargamala
Moitas pandeireteiras son, aínda hoxe, unha enciclopedia viva de cantares que tratan os máis diversos temas, así as Pandeireteiras de Gargamala que estarán presentes no II Serán de Peitieiros. Moitas pezas que hoxe escoitamos entre intérpretes e grupos moi coñecidos foron recollidas nesta parroquia de Mondariz. As Pandeireteiras de Gargamala son un dos grupos que aínda podemos escoitar con integrantes que viviron os seráns dos anos 50 e 60.
Desde o CCV de Peitieiros queren "achegar con este Serán a nosa contribución á difusión da nosa música tradicional e convocámolo para celebrarmos o Día Internacional da Muller porque consideramos que, tamén na música, o papel das mulleres foi esencial e non sempre ben salientado".
Por este motivo, o CCV de Peitieiros e a Comisión de Festas organizan a segunda edición deste serán celebrado por primeira vez, con grande éxito, no ano 2015.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149