Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 30 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A concellería de Mocidade informa das axudas do Programa Iniciativa Xove

Promovidas pola Consellería de Política Social, poderanse solicitar até o vindeiro 3 de abril.

A concellería de Mocidade xestionada por Verónica Carrera vén de informar da posibilidade de solicitar as axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e consistente nunha liña de axudas pensada para que os mozos e mozas poidan desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na sociedade en xeral.

 

Quen pode solicitar as axudas?

- Os grupos informais de mozos e mozas que queiran desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberán de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

 

- As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que estean inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Como se poden solicitar?

As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico da persoa representante ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. É posible solicitar máis información a través do número de teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es. O prazo remata para presentar as solicitudes remata o vindeiro 3 de abril.

 

Contía das axudas

Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. Non se admitirán a trámite as solicitudes de axudas para proxectos cuxo orzamento sexa superior á citada contía. Financiarase o cento por cento do proxecto presentado, polo que a contía máxima da axuda concedida será de 5.000 euros.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.