Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 31 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O voceiro do PP de Salceda: “A Xunta de Galicia cumpriu en meses o que o alcalde tardou en cumprir case 9 anos”

“A forma de actuar normal dun alcalde normal, sería axilizar ao máximo todos os trámites necesarios para poñer a disposición da Xunta os terreos, pero no caso do alcalde de Salceda foi o contrario,

O voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, celebra a construción do novo centro de saúde por parte da Xunta e a celeridade coa que vai facer realidade, 10 meses despois de que o Concello presentara uns documentos que lle levaron case 9 anos preparar como son a reparcelación e o informe de impacto ambiental.

 

Uns requisitos sen os que non se podería asinar este convenio e que o Concello estivo negando durante anos, o que provocou o retraso das obras.

 

“O alcalde de Salceda de Caselas é o único responsable de que este centro de saúde non se puidera comezar antes”, sinala o voceiro popular. En 2009, cando aínda gobernaba o bipartito na Xunta de Galicia,  o alcalde recoñecía nun boletín do BNG de Salceda de Caselas, con data febreiro de 2009, que era necesario o proxecto de reparcelación dos terreos. Dicía textualmente “atópase na súa fase final, coa redacción do proxecto de reparcelación”, pero unha vez que en 2011 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo se comprometeu publicamente á construción do centro de saúde, entón negouse a presentar esta reparcelación e incluso chegou a dicir que non era necesaria.

 

Nesta liña, o voceiro popular explica que o alcalde de Salceda tardou 8 anos en aprobar esta reparcelación cando sabía perfectamente, como sabemos todos, que era necesaria aprobala para poder construír sobre os terreos que están dentro do Peri da U2 da Devesa.

 

 

 

O alcalde de Salceda segue sen  aceptar o reto de debater en público co voceiro do PP sobre a cesión dos terreos do centro de saúde “porque saba que se expón a quedar en evidencia ante as verdades que demostran os documentos”

 

 

 

“A forma de actuar normal de un alcalde normal, sería axilizar ao máximo todos os trámites necesarios para poñer a disposición da Xunta os terreos, pero no caso do alcalde de Salceda foi o contrario, cando xa había o compromiso firme da Xunta entón recuou e fixo o máximo posible, pero para impedir que este centro de saúde se contruíse.

 

É un verdadeiro especialista da mentira e responsabilizar aos demais da súa propia parálise. Pero agora quedou definitivamente demostrado que se a Xunta de Galicia non cumpriu antes coa palabra dada foi porque o alcalde puxo todas as trabas posibles para que non se construíse o centro de saúde.

 

Cabe recordar que o o voceiro retou en máis de unha ocasión ao alcalde a debater en público, no auditorio ou na praza do concello, sobre a tramitación da cesión dos terreos e o motivo polo que a Xunta de Galicia non puido asinar e recepcionar ata o de agora os terreos para a construción do centro de saúde, pero o alcalde nunca chegou a aceptar este reto, “porque sabía que se exponía a quedar en evidencia ante as verdades que demostran os documentos, o reto sigue en vigor, se non o acepta definitivamente, será que ten algo que esconder”, explica Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.