MOS
O Pleno de Mos aproba por unanimidade darlle o nome de Patricia Martínez ao Pavillón Castro-Mos
O Concello adícalle a instalación deportiva de máis recente construcción á 12 veces Campiona de España de Baile Deportivo.
![[Img #23863]](upload/img/periodico/img_23863.jpg)
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou esta mañá unánimemente durante a sesión ordinaria do mes de marzo a proposta para outorgar o nome de Patricia Martínez ao Pavillón de Castro-Mos.
Esta aprobación trátase dun feito de gran relevancia tanto para o municipio mosense como para a vinculación deste Concello co baile deportivo: en recoñecemento á traxectoria e ós éxitos deportivos de Patricia Martínez o Concello de Mos dálle o seu nome ó Pavillón de Castro-Mos, que pasa a chamarse “Pavillón Patricia Martínez”, tal e como explicaban hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Alberto Méndez.
Este recoñecemento oficial é considerado por Arévalo e Méndez, coma “o mínimo que dende a administración local podíamos facer pola que probablemente sexa a deportista mosense máis importante e con máis títulos ás súas espaldas, que leva loitando e traballando na súa disciplina deportiva dende ben cativa”, declararon os representantes municipais. E é que Patricia Martínez conta cun extensísimo currículo deportivo que avala sobradamente esta decisión do Concello de Mos.
O Pavillón de Castro-Mos é o de máis recente construcción do municipio, inaugurado a finais do ano 2012, é o único dos cinco pavillóns mosenses ubicado na parroquia natal da bailarina Patricia Martínez, a parroquia de Mos, da que é natural tamén a rexedora local, Nidia Arévalo.
Os últimos podios deportivos de Patricia Martínez acadábaos recentemente a bailarina mosense nos Campionatos Galego e de España.
O sábado 20 de febreiro celebrouse en Copenhagen (Dinamarca) o Campionato de Europa de Baile Deportivo na modalidade de 10 Bailes. A única parella de deportistas que representaban a España foron Adrián Esperon e Patricia Martínez. O seu propósito era entrar en semifinais pero non puido ser e quedaron ás portas.
Seguidamente a finalizar este Campionato Europeo dirixíronse á cidade de Oropesa del Mar (Castellón) para participar no Campionato de España de Baile Deportivo na modalidade de Standard, o domingo 21 de febreiro. Aquí de novo conseguiron o ouro nesta modalidade, acadando así por 12 veces o Campionato de España, entre as modalidades de Standard e 10 Bailes.
Por outra banda o domingo 14 de febreiro celebrouse en Vigo o Campionato Galego de 10 Bailes, traendo para Mos o ouro na categoría Absoluta a parella formada por Patricia Martínez e Adrián Esperón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136