O PORRIÑO
A Feira Apícola das Rías Baixas volve ao Porriño
Mel e artesanía, obradoiros infantís, o Mago Pirú, degustacións e xornadas técnicas de apicultura daranse cita na XXVIII Feira Apícola Rías Baixas da man do mercado máis doce e irresistible: o Bee Happy Market. A feira emprazarase na rúa peonil do Porriño e celebrarase o día 2 de abril.
![[Img #23859]](upload/img/periodico/img_23859.jpg)
Todos os amantes do bo comer, os produtos artesanais e, por suposto, da hedonista vida ao redor dunha mesa aderezada con mel, teñen unha cita ineludible co Bee Happy Market o vindeiro sábado 2 de abril, no marco da vixésimo oitava edición da Feira Apícola Rías Baixas do Porriño. “O mel é un alimento que forma parte das nosas raíces, da nosa cultura e é importante poñelo en valor e mantelo”, subliñou a alcaldesa do Porriño na presentación da Feira Apícola. Eva García de la Torre aproveitou o acto para reclamar “que as administracións unifiquen esforzos para loitar de forma eficaz contra a expansión da avispa asíatica” que ameaza o futuro do sector apícola.
A Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores de Pontevedra organizan o Bee Happy Market coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello do Porriño. Na presentación da Feira, o concelleiro de Industria e Comercio, Marcelino Coto, lembrou que él mesmo fora un dos iniciadores da mesma, no Centro Recreativo Cultural do Porriño, e salientou a importancia que ten para o concello "valorizar o que é un dos espellos de Galicia e do Porriño, o mel qe, ademáis, conta coa consideración dos consumidores e apicultores do País Vasco e Cataluña, que estarán presentes na mesma".
O concelleiro comprometeu, unha vez máis, a colaboración "constante e decidida do Concello" coa Feira Apícola, subliñou o "importante retorno económico" que a mesma ten para o comercio e a hostalería porriñesa, e felicitou aos organizadores o seu "excelente traballo, sumando esforzos e ideas para impulsar un dos productos senlleiros de Galicia".
Digna Rivas, deputada provincial, destacou “a importancia da divulgación dos nosos productos e o interese de achegar aos colexios os beneficios do mel”. Ensinarllos aos nenos e o encanto da apicultura serán os obxectivos fundamentais dun Bee Happy Market que contará con obradoiros infantís na Praza do Concello entre as 10 hs. e as 14 hs. do sábado; así como coa iniciativa lúdica Contos do Mel de Galicia, que terá lugar a mañá do venres 1 no colexio C.E.I.P. Xosé Fernández López do Porriño só para alumnos do centro. Pero o mel non só endulzará o día aos máis pequenos. Os adultos tamén poderán gozar da degustación do Ouro Doce de natureza galega grazas á cata de mel impartido por Beatriz Ríos Cebreiros técnica do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP), ademais dunha tarde amenizada polo espectáculo do Mago Pirú disposto a encher de ilusión e maxia as rúas do Porriño.
XORNADAS TÉCNICAS DE APICULTURA
Trampas ecolóxicas e caseiras para cazar á vespa velutina, dispositivos antirrobos de colmeas, a biodiversidade das abellas melíferas e os talleres de inseminación artificial das abellas reina serán algúns dos principais temas a tratar durante as Xornadas Técnicas de Apicultura, que se emprazarán no Centro Cultural do Porriño ao longo de todo o sábado día 2 de abril. Máis aló da contorna lúdica, apicultores e interesados poderán coñecer a situación actual e as solución aos aspectos máis candentes do sector da man de diferentes profesionais españois e portugueses. As xornadas abrirán as súas portas ás 10.00 da mañá e permanecerán ata as 20.30 da tarde. Ademais, haberá empresas de material apícola e especializadas no sector.
Por último, destacar que durante o transcurso da Feira Apícola terá lugar unha recollida de firmas para a modificación da lexislación relativa ao mel. Con ela búscase paliar as deficiencias na etiquetaxe do mel, procurando que o consumidor poida discernir claramente a súa procedencia se é de España ou de fóra do país. Tamén se poderá atopar a campaña en redes sociais baixo o hashtag #EtiquetadoClaroYA.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180