Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 31 de Marzo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Mañá inaugúrase o Salón do Libro con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz

A Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia, Anxo Fariña e Pavís Pavós completarán a programación do primeiro día.

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dará comezo mañá día 1 ás 18h00 no Pazo da Cultura con “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, un espectáculo creado específicamente para a ocasión e baseado no libro homónimo de Ledicia Costas, no que estará ambientado o Salón este ano. Os contos fusionaranse coa música nesta adaptación para teatro feita por María Lado no que Lucía Aldao porá a súa voz mediante cancións.

 

O acompañamento musical correrá da conta do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Dende a súa creación hai máis de quince anos, este colectivo non cesou de traballar na dinamización deste estilo musical na sociedade por medio de ciclos, traballos discográficos ou, como neste caso, concertos didácticos para escolares.

 

Esta obra musicada, que conta a viaxe de Extravaganzza na busca dos seus país, transmitiralle a toda a familia valores coma o respecto pola natureza e o coidado dos animais.


Apertura de portas e actividades


Ás 19h00 abriranse as portas do Salón e comezará a súa actividade, que se prolongará durante tres semanas consecutivas. Como inicio e esa mesma hora, Anxo Fariña impartirá un obradoiro con entrada libre ata completer aforo -“Extravaganzza en Pontevedra”-, no que os participantes poderán encher os ocos en blanco dun panel con rodas coas súas propias ilustracións.

 

Ás 19h30, o público poderá asistir ao "Safari Contográfico" de Pavís Pavós. Pavís Pavós formouse como grupo de contadores de contos para público infantil no ano 1996 en Pontevedra. Traballa principalmente en Galicia con contos en galego e tratando de recuperar contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios.

 

Ademais, tamén ás 19h30, o Pazo da Cultura acollerá o contacontos “Algo está pasando en Ilusión Ártica”, que correrá da conta da Unidade de Cutura Cienrífica do CSIC Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.