MOS
Mos en pleno únese en favor das persoas con discapacidade
Apróbase por unanimidade unha moción conxunta para que sexan considerados cidadáns de pleno dereito e que as administracións poñan todo o que estea na súa man para facelo realidade.
![[Img #23885]](upload/img/periodico/img_23885.jpg)
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por unanimidade na sesión ordinaria desta semana unha moción conxunta a prol de que as persoas con discapacidade sexan consideradas cidadáns de pleno dereito.
A este respecto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, declararon que “as persoas con discapacidade loitan porque necesitan que os consideren cidadáns de pleno dereito, queren participar na sociedade, na súa comunidade e nos seus barrios; saben moi ben que teñen dereitos e obrigacións, os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978 que é a mesma para todos os españois con ou sen discapacidade e os seus dereitos tamén están recollidos na Convención Internacional das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade que di que os seus dereitos deben cumprirse como os do resto de cidadáns. Non obstante, todos os días viven situacións nas que moita xente non respecta os seus dereitos e isto impídelles ser cidadáns e cidadás como os demais”.
E é que na sociedade actual pódese comprobar a diario que outras persoas deciden por quen sufre algunha discapacidade sen telos en conta, senten que non os tratan con respecto e os discriminan, moitos deles están incapacitados por iso non os deixan votar, encóntranse con barreiras arquitectónicas que lles impiden moverse con liberdade e tamén se encontran con carteis informativos que non entenden, durante anos prepáranse moi ben en Centros Ocupacionais pero logo non teñen oportunidades de conseguir traballo, tampouco teñen moitas oportunidades de aprender, porque non teñen a axuda que necesitan na educación, moitos deles non poden ter unha parella e formar unha familia, outras persoas néganlles a sexualidade; e impídenlles participar na comunidade como o resto de cidadáns e cidadás.
Por todo isto, o Pleno do Concello de Mos decidiu reivindicar unánimemente, mediante a moción aprobada onte e elaborada en base a un manifesto da asociación ACEESCA, que:
As persoas que padecen algún tipo de discapacidade queren un trato de igual a igual, de adulto, de cidadán. Para isto, necesitan o noso apoio, o apoio dos gobernos e o dos medios de comunicación. Necesitan que os medios dean á sociedade unha imaxe positiva e inclusiva deles.
Piden a xuíces, avogados, médicos e fiscais que os coñezan e se informen. Teñen que coñecelos ben antes de asinar as súas sentenzas de incapacitación. Son capaces de facer moitas cousas e tomar decisións!
Necesitan cidades e vilas accesibles para poder participar, entender a información, pasear polas rúas e entrar nos sitios públicos. Pregúntalles como facelo. Queren colaborar con nós para conseguilo entre todos.
A educación é un dereito de todos. Piden axuda aos profesionais e ás Asociacións de Nais e Pais (AMPAS) para ter unha educación de calidade para TODOS.
Día a día fórmanse para traballar. Esixen que as empresas e administracións cumpran coa lei e reserven emprego para as persoas con discapacidade. Esixen aos sindicatos que os defendan.
Prepáranse para ser independentes e vivir como calquera persoa. Poden facelo. Só necesitan apoio para conseguilo.
Piden ao movemento FEAPS (Confederación Española de Organizacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual) que aumente a creación de grupos de autoxestores en todas as entidades. Nos grupos de autoxestores poderán prepararse para formar parte activa das Xuntas Directivas das súas asociacións. Así poderán participar nas decisións.
Esixen aos responsables de asociacións veciñais, culturais, deportivas e de ocio que cumpran as normas de acceso ás súas instalacións. Igual que eles cumpren con todas as normas que lles esixe a sociedade.
En definitiva, o que se pretende con esta moción conxunta é instar a todas as administracións públicas a que poñan todo o que estea nas súas mans para todo o exposto anteriormente se transforme en accións concretas.
Visita a ACEESA
![[Img #23886]](upload/img/periodico/img_23886.jpg)
Precisamente a continuación do Pleno no que se aprobaba a moción conxunta nacida a raíz do seu manifesto, os concelleiros de Coordinación de Asociacións, Patrimonio e Servizos e de Política Social e Cultura, Camilo Augusto e Sara Cebreiro, respectivamente, visitaban as instalacións de ACEESCA no Porriño acompañando ós cativos de 3º curso de Primaria do Colexio de Atín durante unha visita guiada.
Dita visita incluíase no proxecto “Obradoiros de Integración” organizado pola concellería de Educación e Participación Cidadá, que ten como obxectivo dar continuidade á relación de colaboración mutua entre os centros educativos do Concello de Mos e os centros que compoñen a Asociación ACEESCA.
A través de diversas experiencias de traballo conxunto, preténdese promover valores e actitudes que fomenten a igualdade de dereitos para tódolos axentes da sociedade, promovendo a inclusión social e acadando o enriquecemento de tódalas partes involucradas.
Esta visita a ACEESCA tiña a intención de dar continuidade a este proxecto. A xornada consistiu nunha visita guiada ao centro de ACEESCA co fin de que os/as escolares coñeceran en primeira persoa as súas instalacións e comprobasen da súa man os diferentes traballos que se desenvolve nel. Para elo leváronse a cabo tres obradoiros impartidos polos/as usuario/as do centro: introdución a lingua de signos, unha xincana adaptada e un obradoiro de animación á lectura adaptada. Toda a actividade desenvolveuse das mans dos/as usuarios/as de ACEESCA polo que ao logo da xornada tódolos/as participantes estiveron en convivencia.
Como xa se dixo, os/as beneficiarios/as desta actividade foron o grupo de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Atín. Os obxectivos desta iniciativa eran favorecer a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual, dando a coñecer e convidando a participar na súa vida diaria á comunidade educativa do Concello de Mos, fomentar valores baseados fundamentalmente na colaboración e respecto mutuos entre os principais destinatarios do proxecto: escolares de Mos e usuarios de ACEESCA e participar en proxectos de traballo compartidos promovidos e apoiados por cada unha das partes integrantes do proxecto.
A visita realizouse en horario matinal de 10.00 horas a 13.00 horas e participaron un total de 21 alumnos divididos en tres grupos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136