Mos
A aprobación definitiva do PXOM que porá fin as normas subsidiarias vixentes dende 1992
Xunta e concello analizaron a documentación que foi requirida o pasado 7 de marzo para iniciar o estudo do PXOM cara a aprobación definitiva
![[Img #23888]](upload/img/periodico/img_23888.jpg)
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para analizar o estado actual da tramitación do PXOM, que foi achegado polo concello para a súa aprobación definitiva o pasado 19 de xaneiro.
Encarnación Rivas trasladoulle á rexedora municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega terá tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo.
Cómpre destacar que o Plan xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 30 de decembro de 2015 e porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende outubro de 1992.
A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico deste documento que planificará o desenvolvemento do concello nos vindeiros 12 anos, para o cal concedeu axudas por importe de 200.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136