Jueves, 16 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 01 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Xornada sobre identidade profesional dixital da man do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0

Celebrouse esta semana na Axencia de Colocación.

[Img #23894]

 

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informou  de que onte tivo lugar na Axencia de Colocación do Concello de Mos unha charla sobre ‘Identidade Profesional Dixital’ relatada polo orientador Xosé Alberte Cea Rodríguez.


24 usuarios e usuarias do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0 e da Axencia de Colocación  do Concello de Mos acudiron a esta sesión que tivo como obxectivo concienciar sobre a importancia da imaxe profesional dixital na busca de emprego e no desenvolvemento profesional.


A xornada versou sobre a mellora das competencias dixitais para a busca de emprego, e como xa se dixo, foi impartida polo orientador laboral Xosé Alberte Cea.


A xornada tivo lugar  no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos e pretendíase con ela reflexionar sobre a importancia que neste momento está a ter nos procesos de selección e nas posibilidades de acceso a un emprego a imaxe profesional dixital. Con iso trátase de concienciar sobre a necesidade de controlar a información que se atopa de nós e sobre o que a participación e a actividade dixital pódenos achegar para mellorar as nosas opcións de emprego.


Aínda que esta temática é moi ampla a sesión centrouse en tres puntos concretos: identificar o uso que das redes sociais fan as empresas en España, sinalar a importancia do correo electrónico na identificación da nosa identidade e mostrar a importancia do posicionamento do noso nome e dos nosos perfís para mellorar as opcións nun proceso de selección.


A maiores amosáronse algunhas ferramentas e recursos interesantes para conseguir controlar a imaxe profesional, e adicouse un tempo para resolver dúbidas, debater e conversar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.