O PORRIÑO
Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián recupera a "Ruta da Cidade Encantada de Monte Faro"
A nova Xunta directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, presidida por Dona Carmen Rodríguez Domínguez, informou esta semana que xa planifica unha nova andaina saudable para o día 17 de Abril de 2016, que nesta ocasión, terá o aliciente especial de constituir unha recuperación da denominada "Ruta da Cidade Encantada de Monte Faro", descrita polo arquitecto Porriñés Antonio Palacios Ramilo en 1930 nunha carta publicada no Faro de Vigo o 1 de Xaneiro de 1930. A recuperación desta ruta foi posible grazas a colaboración da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián coa Revista Malladoura, revista de Recuperación historica do Porriño, que publicou esta ruta nun artigo recollido no número 13 da Revista Malladoura. A andaina terá unha distancia de 12 km e partirá do Faro de Budiño e terá tamén como aliciente discurrirá ata o "Castelo de Miravel", comumente coñecido como O Castelo de Cans e desaparecido durante a revolta Irmandiña, puidendo coñecer aspectos da súa historia e poidendo visitar as diferentes floracións graníticas e penedos da zona, o que dota a andaina dun atractivo especial.
O custe de participación será de 7 euros, e incluirá os custes de inscripción e o abastecimento de auga, froita e ao final da andaina serviranse chourizos, Pan do Porriño e viño e refrescos.
As persoas interesadas en asistir á andaina poderán apuntarse ata o xoves día 14 de Abril chamando ao teléfono 630358515 ou enviando un correo electrónico a aavv.sbenito.sebastian@gmail.com.
Recuperar unha ruta con alto valor turístico e etnográfico
A recuperación da "Ruta da Cidade Encantada de Monte Faro" de Antonio Palacios responde a unha inquedanza da Asociaciòn de Veciños que valorou moi positivamente a creación desta andainta temática, onde se combina o se carácter saudable coa posibilidade de coñecer aspectos xeolóxicos, históricos e etnográficos de gran valor para Porriño. A andaina, que foi descrita polo arquitecto Antonio Palacios que anotou en diferentes cartas, debuxos e notas manuscritas a grandeza das floracións graníticas e naturais e a grandiosidade da paisaxe que se podía ver dende alí, representa por tanto, un activo turístico a explotar.
Aos asistentes á andaina se lles agasallará tamén con sendos artigos nos que se recolle a "Ruta da Cidade Encantada de Monte Faro" de Antonio Palacios e un artigo sobre a historia do "Castelo de Miravel" de Cans, tamén publicado e cortesía da Revista Malladoura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136