Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 01 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O domingo celebrarase unha nova edición da tradicional Marcha BTT Faro de Budiño

[Img #23897]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, mantiveron onte unha reunión co presidente da Asociación Deportiva a Forna de Budiño, Carlos Amil, que organiza o vindeiro domingo día 3 a XV edición da súa tradicional Marcha BTT. A proba é unha das marchas de máis antigüidade no ciclismo de montaña da provincia e da comunidade galega e conta coa colaboración do Concello do Porriño.

 

Para esta edición, a sección de BTT da Asociación Deportiva, budiñobike-canteiros, ten preparado un recorrido no entorno do Faro de Budiño duns 40 Km, cunha dificultade media-alta, composta de  cinco trialeiras coas conseguintes e esixentes subidas, que porán a proba as cualidades físicas dos participantes. Para os menos preparados haberá unha ruta alternativa de 30 km de dificultade media, con catro trialeiras, con menos subidas e  máis suaves. Para iso a organización fará algúns recortes na ruta larga que faga mais levadeira a Marcha, sen que perda o seu encanto. Haberá un avituallamento líquido no barrio das Insuas e outro sólido no Castelo de Cans.

 

Paralelo a Marcha, a sección de montanismo da Asociación organiza o VII Roteiro. Unha andaina circular de aproximadamente 15 km, polas ladeiras do Faro de Budiño, con subida a Área Recreativa do Monte, con fermosas vistas e baixada polo entorno das Canteiras de Budiño.

 

A saída de ambas probas está prevista para as 9:30 da mañádo Centro Cultural A Forna, estando prevista a chegada sobre ás 13:00.

 

Ó remate das probas, os participantes disporán das pertinentes duchas con auga quente e dun servizo de lavado de bicicletas. Tamén degustarán un delicioso chocolate con rosca antes da saída.

 

A organización agradece ás Comunidades de Montes das parroquias polas que pasan os dous eventos, as facilidades mostradas para o desenvolvemento das mesmas e solicita dos participantes o máximo respecto polo medio ambiente en todo o recorrido. Así mesmo, a organización comprometeuse, como en outras edicions, a non deixar ningún tipo de marca ou cinta no monte.

 

Estas actividades contan cos permisos correspondentes da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Ciclismo de e varias  entidades comerciais que as apoian desde pasadas edicións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.