Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 03 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
AS NEVES

O Concello das Neves avanza en novas tecnoloxías na xestión administrativa

Moitos dos trámites da veciñanza xa non precisan de espera.

Dende hai unhas semanas o Concello das Neves ven de dar un salto cualitativo na xestión administrativa e informática que beneficia a veciñanza a través do uso e a integración da plataforma informática Gestiona con outras ferramentas como por exemplo o programa do padrón de habitantes.

 

Esta medida inflúe en varios ámbitos, como son a xestión ecolóxica cun forte aforro de papel, a xestión máis áxil ao compartir arquivos e a xestión inmediata para evitar esperas por documentación.

 

Acádase un aforro de papel de alomenos un 40% na xestión do Concello ao usar unha plataforma na que se comparten arquivos de acceso para tódalas persoas empregadas en tarefas adminstrativas. Isto supón evitar copias de documentación varias veces para distintos departamentos.

 

A xestión administrativa é máis áxil xa que a plataforma permite compatir arquivos ao instante, modificalos e tamén adxuntar novos documentos ao expediente que se trate. Por exemplo, se evita o traslado en papel de documentación dende o edificio de servizos sociais ata a Casa do Concello.

 

Por último, a inmediatez para a veciñanza. Os documentos poden ser asinados ao instante por quen sexa preciso ao momento e incluso a distancia. Era moi frecuente, ata o de agora, que se tivese que esperar por un certificado horas ou voltar ao día seguinte se o Alcalde tiña que ausentarse do Concello. Con este sistema informático o Alcalde, entre outros pode asinar documentación dende o seu teléfono móbil ao momento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.