PROVINCIA
Carmela Silva recolle o testemuño no día mundial da concienciación sobre o autismo
![[Img #23908]](upload/img/periodico/img_23908.jpg)
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, recolleu hoxe o testemuño da campaña do día mundial da concienciación do autismo, declarado polas Nacións Unidas, que se celebra o día dous de abril.
O presidente da asociación BATA, Fausto García, fixo entrega deste testemuño á Presidenta da Deputación tras a concentración, levada a cabo diante do Pazo Provincial, no que participaron membros da corporación provincial e dos funcionarios.
O lema deste ano, tal e como recordou Carmela Silva, é “Inclusión, Tolerancia e Respecto” polo que a Deputación asume ser “unha Deputación inclusive, tolerante e respectuosa coas diferencias, porque todos e todas somos diferentes e todos e todas temos o dereito a igualdade de oportunidades”.
A Presidenta da Deputación quixo tamén ter un recoñecemento para a asociación BATA que traballa cos nenos e nenas con autismo e subliñou que as administracións deben ter en conta esta situación e poñer os recursos necesarios para que estas persoas teñan os mesmos dereitos que o resto de pontevedreses e pontevedresas.
Pola súa banda, Fausto García, agradeceu a Carmela Silva a dispoñibilidade da Deputación de Pontevedra para sumarse ao día mundial do autismo e o seu apoio constante para as iniciativas da entidade social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136