TUI
A Consellería do Mar inviste mais de 70.000 euros na reparación das instalacións portuarias de Tui
Prevese que nunhas semanas rematen as obras de reparación, acondicionamento e posta a punto das instalacións, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para poder traballar no río.
![[Img #23919]](upload/img/periodico/img_23919.jpg)
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta semana as instalacións que conforman o porto deportivo de Tui, no río Miño, que conta con case un cento de prazas de atracada para embarcacións, fundamentalmente da sétima lista. Alí adiantou que o seu departamento vai investir máis de 70.000 euros na reparación destas instalacións portuarias, que resultaron danadas polos últimos temporais que afectaron á costa galega.
Así, Portos de Galicia procederá ao refincado de catro dos pilotes –adhesión dos pilotes ao solo-, á reparación dos accesos aos pantaláns e outras actuacións nas propias instalacións. Ademais, cabe destacar que o ente público xa retirou 80 toneladas de residuos forestais que arrastrou o propio río e que danaron os pantaláns. Portos de Galicia prevé que as obras estean rematadas nun prazo dunhas semanas, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para poder traballar no río.
Estas actuacións, enmarcadas dentro dos programas de mantemento e conservación das instalacións portuarias, realízanse co fin de mellorar as vías e accesos aos portos e os servizos portuarios e náuticos, dando resposta ás necesidades dos usuarios que desenvolven a súa actividade neles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149