Sábado, 18 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 01 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O Pleno da Deputación rexeita por unanimidade o preacordo europeo con Turquía de devolucións masivas dos migrantes

O Pleno da Deputación rexeita por unanimidade o preacordo europeo con Turquía de devolucións masivas dos migrantes

[Img #23926]

 

O Pleno da Deputación de Pontevedra acordou por unanimidade mostrar o seu rexeitamento ao acordo alcanzado entre as xefas e os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea con Turquía, que contempla a devolución a Turquía de todos os migrantes –incluídas as persoas demandantes de asilo, sirios e de calquera outra nacionalidade– que cheguen á Unión Europea.

 

A declaración institucional sinala que, de confirmarse o dito pacto, a Unión Europea non estaría respectando os convenios internacionais sobre o dereito  internacional de asilo. O Pleno considerou inadmisible facer un acordo de intereses con Turquía utilizando os dereitos das persoas refuxiadas e emigrantes como moeda de cambio e cualificou de "inmoral e de dubidosa legalidade" un preacordo que contravén claramente o dereito de asilo e múltiples convenios internacionais sobre dereitos  humanos.

 

O Pleno da Deputación de Pontevedra esíxelles, ademais, á Unión Europea e aos estados membros unha resposta humanitaria urxente ante a grave situación que viven as persoas refuxiadas, respectuosa co dereito internacional de asilo e os dereitos  humanos. Neste sentido, ínstase á Unión Europea e aos estados membros á retirada de calquera acordo, pacto, convenio ou  proposta de acción que non respecte o dereito internacional de asilo e os convenios internacionais sobre dereitos humanos asinados pola Unión Europea.

 

Así mesmo, o Pleno súmase ao manifesto Pasaxe Segura, rubricado por multitude de organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos de toda Europa, e, neste sentido, insta á UE e aos seus estados membros a que ordenen a creación dun corredor humanitario e que posibiliten, desde o respecto, o asilo destas persoas  entre os 28 estados membros da Unión Europea

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.