GALICIA
CIG "Cada novo afiliado á Seguridade Social asinou, no mes de marzo, 13,4 contratos de traballo de media"
Asináronse un total de 67.000 contratos pero a afiliación á Seguridade Social só medrou en 5.012 persoas.
No mes de marzo asináronse un total de 67.188 contratos. Porén, só se produciron 5.012 altas na Seguridade Social. Isto evidencia segundo a CIG, por unha banda, a "baixísima duración dos contratos e, pola outra, que moitas destas persoas xa non estaban rexistradas no Servizo Galego de Colocación, porque o paro só descendeu en 3.400 persoas. Estes feitos constatan o gravísimo medre da precariedade laboral e contradín a propaganda oficial que nos repite, a diario, que a situación económica está mellorando".
Segundo os datos de paro rexistrado, en Galiza "descendeu o número de persoas desempregadas, en conxunto, en 3.471 persoas. Un 1,48% menos respecto do mes anterior, quedando a cifra total de persoas desempregadas en 231.797".
Este descenso, que se corresponde coa baixada de paro estacional, e que neste mes de marzo viu propiciado ademais polas contratacións de Semana Santa, foi con todo inferior ao que se produciu en 2015.
Onde máis baixou o paro foi, xa que logo, no Sector Servizos, onde o descenso foi do 1,82; na Construción o 1,65 e 0,27 en Industria. En todos os sectores e a nivel global o descenso foi inferior ao do ano pasado. De feito en marzo de 2015 o paro baixara en Industria o 2,8%; en Construción un 3,7% e en Servizos un 1,8%.
Afiliación á Seguridade Social
Para a CIG resulta rechamante que o incremento á Seguridade Social –que suma, en total, 940.548) fora de 5.012 persoas (0,5% mensual) , pero o descenso do paro se quedara en tan só as 3.400. A CIG considera que esta disparidade de datos débese a que preto de 1.500 persoas das que cursaron alta na S.S. non estaban rexistradas como demandantes nos servizos públicos de emprego. Un feito que avalaría as reservas que a central sindical vén amosando respecto dos datos rexistrados, xa que efectivamente, segundo isto, non contemplarían a todas as persoas que están realmente desempregadas e que buscan un posto de traballo en Galiza.
Rexistráronse ademais 67.188 contratos, a maioría deles temporais – segundo os datos de escasísima duración- e só un 9,2% de indefinidos que se teñen que repartir esas 5.012 persoas que cursaron alta na Seguridade Social, o que dá unha media de 13,4 contratos por cada nova persoa afiliada nun mes.
Miguel Malvido, secretario confederal de Emprego, responsabiliza desta situación ás sucesivas reformas laborais que, “non resolveron o tema do desprego, moi o contrario o que fixeron foi precarizar máis as condicións laborais dos traballadores e traballadoras galegas”.
Entende que “isto agudiza aínda máis as diferenzas entre traballadores/as precarizados e aqueles que teñen un emprego estábel e demostra que neste intre, con este tipo de contratos, ter traballo non garante unha vida digna”.
Segue baixando a porcentaxe de cobertura
Dende a CIG destacan que segue caendo a porcentaxe de cobertura xa que só o 48,2% das persoas desempregadas reciben algún tipo de prestación. Un punto menos que no mes anterior. Se a maior parte das persoas que atopan traballo o fan con contratos por horas ou por días sumar ata acadar o tempo suficiente para ter dereito a unha prestación é aínda máis complicado. Isto ligado ao incremento das persoas desempregadas de longa duración, segundo os últimos datos da EPA, ofrece un panorama desolador e dá unha idea de até que punto hai un risco real de exclusión social, cada vez maior en Galiza.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126