Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 04 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Educar para a prevención, por un Mos sen malos fumes

O Concello inculca o non consumo de tabaco entre o alumnado do Instituto mediante unha iniciativa lúdica teatral.

[Img #23978]

 

521 alumnos e alumnas do IES de Mos asisten hoxe á obra teatral Smoke City, promovida conxuntamente entre as concellerías de Cultura e Política Social e Educación e Participación Cidadá para evitar o consumo de tabaco na adolescencia. A actividade ten lugar hoxe no auditorio do Multiusos das Pozas durante dúas sesións, unha para o alumnado da ESO e outra para o alumnado de Bacharelato. Cada sesión ten unha duración dunha hora.


Esta obra de teatro desenvólvese en Smoke City, o paraíso do fume, sobre todo do fume dos cigarros. As mafias do tabaco dominan a cidade, dirixidas polo seu capo, o pérfido Silvio Nicotini. É unha historia de acción, unha aventura urbana de gansters e policías, un cómic teatral do xénero negro, negro como o aire de Smoke City, negro como os plans de Silvio Nicotini, e negro como os pulmóns das súas pobre vítimas.


Smoke City aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, poñendo énfase nas consecuencias pero tamén nos beneficios de levar unha existencia limpa, sen dependencias, que permitan realizar un monte de actividades libres de ataduras físicas e psíquicas, que, ao fin e ao cabo, é todo o contrario de vivir atrapado, atado, encadeado a un pitillo, como é o desexo do malvado Silvio Nicotini. O espectáculo realízao a compañía Malasombra.


A concelleira mosense de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, acompañou ós alumnos espectadores do pase matinal e explicou os obxectivos desta actividade, que non son outros que “promover os hábitos saudables a través da realización de actividades culturais alternativas, ofertar actividades de ocio alternativas e de balde para a xuventude mosense, motivar ós xoves para un mellor uso do seu tempo de lecer, evitar o estilo de ocio actual baseado no consumo de alcohol, tabaco e outras sustancias nocivas para a saúde e o correcto desenrolo persoal, promover a calidade de vida da xente nova, fomentar o hábito da cultura a través deste tipo de actuacións teatrais, previr directamente nos hábitos do tabaquismo e promover o cambio naquelas persoas que xa están inmersas no mundo do fume”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.