GALICIA
Os sectores da industria e da construción en Galicia tan solo reducen o paro rexistrado un 3’58%
Os sectores que deberan pilotar a economía dun país, a industria e a construción, reducen o número de parados tan solo en 1.034 traballadores na industria, e 550 na construción, no que vai de ano 2016. "Este é un dato de denota a falta dunha política industrial da que son culpables tanto o goberno central como o goberno da Xunta de Galicia" denuncia dende MCA-UGT Galicia .
"Un país que non aposte por unha política industrial onde se contemple todo o espectro necesario para que a industria teña as ferramentas adecuadas para desenvolver a súa actividade e que Galicia sexa unha comunidade atractiva para a inversión tanto da industria xa asentada, como de futuras inversións" explican.
Para MCA-UGT Galicia "un país no que a súa política sexa o promover o autoemprego está abocado o fracaso, solo a industria, a investigación o desenvolvemento e a innovación son as condicións requiridas para crear unha sociedade do emprego, que xere benestar social".
Para isto cren "necesario que as distintas administracións establezan unha política de inversións públicas acordes cas necesidades do país, onde a redución do déficit público ten que ir acompasado con estas necesidades e non con redución do gasto público estampado en recortes sociais".
"A crise que desde fai anos afecta o sector da construción ten que desatascarse ca iniciativa pública o non existir a iniciativa privada. Desde MCA-UGT Galicia fai anos que vimos demandado un plan de rehabilitación de vivendas no que estean implicadas todas as Administracións que xeraría moita man de obra no sector, ademais de xerarse unha importante eficiencia e aforro enerxético tal como estableceu o Consello de Europa do 17 de xuño de 2110 que fixou como obxectivo para o ano 2020 un aforro do 20% do consumo da enerxía primaria".
Por outra banda "Galicia sigue necesitada da actualización das actuais infraestruturas así como a creación doutras novas acordes a ese plan industrial necesario que estimule as inversións" conclúen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60