Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 06 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda acusa ao alcalde de "venderlle favores aos veciños co aprazamento do IBI"

O PP propuxera a rebaixa do tipo de gravamen nun 0,50% para o 2016, "pero o alcalde ralentizou o procedemento para que non se puidera aplicar ata 2017" explican.

[Img #24014]Tralas declaracións do alcalde de Salceda de Caselas nas que asegura que o Concello facilitará os pagos dos atrasos dos recibos do IBI, o voceiro do Partido Popular aclara que "esta non é unha medida que aplique e dependa do Concello, xa que calquera veciño que teña un recibo pendente, emitido polo Oral, pode solicitar o seu fracionamento, tal e como recolle a Ley General tributaria, así como a Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL publicada no BOP o 30 de abril de 2013".

 

Nesta liña, Santiago Rodríguez Davila considera que "o alcalde pretende venderlle favores aos veciños cando hai unha lei e unha ordenanza que regula este aprazamento, pero con xuros, non a custo cero".

 

 

 

A regularización do IBI implicará uns ingresos para o Concello de 320.000 euros, que lle servirán ao alcalde para pagar as cacicadas que fixo sen consignación orzamentaria en vésperas de eleccións

 

 

 

"Ademais, o PP propuxera a rebaixa do tipo de gravamen nun 0,50% para o 2016, no pleno do 3 de novembro de 2015, pero segundo recorda o voceiro popular, o alcalde ralentizou o procedemento para que non se puidera aplicar en 2016, pero nun puido evitar a súa aplicación para 2017, tras ser aprobado polo pleno na sesión do 18 de decembro de 2015" sinala.


"O tipo de gravamen aplicado polo Concello repercute na cuota a pagar, polo tanto, o alcalde non só non ten nada que ver no aprazamento ao que se poden acoller os veciños para pagar os seus recibos, se non que se negou ademais a rebaixar este gravamen cando o PP llo propuxo" indican.

 

Engaden que "os veciños teñen que coñecer as manobras que fai o alcalde de Salceda de Caselas, que non se corta á hora de insinuar e de facer ver que o Concello beneficia aos veciños, cando é el mesmo o que se nega a aplicar medidas que lles favorezan".

 

O voceiro do PP sinala ademais que "a regularización do IBI, implicará uns ingresos para o Concello de 320.000 euros, que lle servirán, entre outras cousas, para pagar as facturas de obras feitas en plena campña electoral sen a súa correspondente consignación orzamentaria, é dicir, para pagar as cacicadas do alcalde en vésperas de votacións".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.