GALICIA
A Estación de Manzaneda acollerá este fin de semana o primeiro Congreso Galego de Neve e Montaña
A directora de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Ourense presentaron este Congreso que terá lugar os próximos 9 e 10 de abril.
![[Img #24005]](upload/img/periodico/img_24005.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presentaron esta semana o Congreso Galego de Neve e Montaña.
O Congreso, organizado polo concello de Manzaneda terá lugar os próximos 9 e 10 de abril na Estación de Montaña co obxectivo de abordar de maneira multidisciplinar a problemática das actividades deportivas, pero tamén laborais e económicas, desenvolvidas nas zonas de montaña nas que é frecuente a presenza de neve.
Así, o Congreso Galego, a través da participación directa e o debate, pretende coordinar aqueles sectores e persoas relacionados de algunha maneira co mundo da neve e da montaña.
Na presentación, a directora de Turismo de Galicia destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do noso destino.
Neste senso, Nava Castro afirmou que o feito de contar na nosa comunidade cunha estación de montaña enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible. “A Estación de Manzaneda constitúe un recurso con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e impulsando a desestacionalización da demanda”, afirmou.
Organizado polo concello de Manzaneda, abordará de maneira multidisciplinar a problemática das actividades deportivas, laborais e económicas desenvolvidas nas zonas de montaña nas que é frecuente a presenza de neve
A responsable de Turismo da Xunta sinalou que a Estación de Montaña de Manzaneda é unha prioridade para Turismo de Galicia. “Apostamos por este recurso xa que creemos no seu gran potencialidade e por iso traballamos a prol da súa potenciación y promoción”, explicou.
Modelo europeo de turismo sostible
Por outra parte, Nava Castro resaltou que un dos retos actuais de Turismo de Galicia é posicionar a nosa comunidade como modelo europeo de turismo sostible.
Durante a presentación, Nava Castro destacou que a estación de montaña de Manzaneda enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible
Neste senso, explicou que unha das liñas estratéxicas do Plan Integral de Turismo de Galicia céntrase na consolidación da nosa comunidade como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo.
A directora de Turismo de Galicia destacou que o Concello de Manzaneda, “pioneiro no fomento da formación e desenvolvemento turístico sostible”, está a contribuír a acadar este reto. Así mesmo, Nava Castro sinalou que é fundamental que as empresas e profesionais do sector traballen tamén en base a este modelo de protección dos recursos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213