MOS
16 mosenses menores de 25 anos recolleron os seus certificados de profesionalidade
Asistiron ó acto de clausura da acción mixta de formación e emprego que estivo presidida polo director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes.
![[Img #24036]](upload/img/periodico/img_24036.jpg)
Onte pola tarde celebrouse a clausura do Obradoiro Municipal de Emprego ‘Mos coa Mocidade’, no salón de actos da Axencia de Colocación.
O acto contou coa asistencia do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ignacio López-Chaves, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, os membros da dirección e equipo docente do Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’, o alumnos/as do Obradoiro de Emprego ‘Mos coa Mocidade’ que recolleron os seus respectivos diplomas e certificados de profesionalidade e outros membros do euipo de goberno local mosense.
O Obradoiro ‘Mos coa Mocidade’ constou de dúas actuacións: unha de dinamización sociocultural educativa infantil e xuvenil, na que se desenvolveu un programa formativo asociado a este certificado de profesionalidade. A través desta actuación os alumnos traballadores organizaron, dinamizaron e desenvolveron actividades de tempo libre educativo e cultural coa finalidade de promover a participación e aproveitamento do tempo libre e de ocio das familias do municipio, e do tempo educativo dos nenos e nenas fomentando a educación en valores.
O certificado de profesionalidade de Servizos socioculturais e á comunidade inclúe dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, e dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil.
E a segunda foi unha actuación fundamentalmente ambiental, e estivo dirixida á limpeza de espazos públicos abertos e zonas verdes e á xestión de residuos urbanos e industriais, coa finalidade de mellorar a organización, e revalorización e mantemento dos espazos públicos do municipio. Os espazos públicos que se melloraron e revalorizaron foron Puxeiros, Peinador, Sanguiñeda, San Rafael en Pereiras, os dous parques da parroquia de Cela, San Eleuterio e San Antoíño (Louredo).
As especialidades das que constou este segundo programa foron Seguridade e Ambiente, Xestión de residuos urbanos e industriais, e Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.
Máis detalladamente acometéronse dentro da especialidade ambiental traballos de limpeza (mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns) das 6 zonas urbanas do Concello así como o baldeo e fregado dos espazos abertos con camión motobomba nas mesmas zonas urbanas e as labores de limpeza e mantemento da Piscina municipal descuberta San Eleuterio e Piscina cuberta municipal das Pozas, que foron realizados con servizos propios do Concello e colaboración do persoal, maquinaria e medios auxiliares do Concello de Mos.
‘Mos coa Mocidade’ tivo unha duración de 6 meses e foi destinado a un total de 16 alumnos/as desempregados/as, concretamente a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos. O obradoiro deu comezo o pasado 30 de setembro e clausurouse onte.
A realización desta iniciativa foi posible gracias a unha subvención da consellería de Economía, Emprego e Industria que superou o importe de 135.000 euros.
O principal obxectivo deste obradoiro, tal e como declaraban onte os representantes municipais e autonómicos presentes na clausura do mesmo, foron fomentar o emprego a través de programas mixtos de emprego e formación dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro nacional de garantía xuvenil.
Outra das finalidades era mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitaran a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, lles procurase ós alumnos/as-traballadores/as a súa cualificación profesional e favorecera a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136