NIGRÁN
O alumnado de 2º da ESO do IES Val Miñor estrea o 14 de abril unha exposición sobre o impacto dos plásticos
![[Img #24032]](upload/img/periodico/img_24032.jpg)
O alumnado de 2º da ESO do IES Val Miñor que participou esta semana nunha xornada medioambiental nos areais de Praia América e Panxón, organizada polo Concello de Nigrán, en colaboración con Cespa e o propio centro, están a ultimar unha exposición sobre o impacto dos plásticos na sociedade (a nivel económico, para as especies mariñas, a saúde humana, etc.), que presentarán o vindeiro 14 de abril no instituto. A concelleira de Facenda, Raquel Giráldez, e Diego Moreira, o concelleiro de Medio Ambiente, achegáronse ata Praia América para conversar cos rapaces e o profesorado, que valoraron moi positivamente o resultado da actividade. Os doce grupos de rapazas e rapaces, 57 en total, rastrexaron durante tres horas as praias para localizar residuos mariños, catalogalos e recollelos, co obxectivo de complementar un proxecto en torno aos plásticos, no que levan traballando un mes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44