Martes, 14 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 06 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta forma e amplía as oportunidades laborais dos menores de 30 anos co obradoiro de emprego ‘Mos coa mocidade’

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiron hoxe en Mos á clausura e entrega de diplomas aos alumnos e alumnas.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe en Mos, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, na clausura e entrega de diplomas do obradoiro ‘Mos coa mocidade’, un taller específico para menores de 30 anos, que se levou a cabo en coordinación co Concello de Mos e no que un total de 16 mozos e mozas desempregados recibiron formación e accederon a un emprego.

 

A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta investiu preto de 140.000 euros. Os participantes recibiron un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado nas especialidades de Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil e Limpeza de espazos abertos en instalacións industriais.

 

 

 

Os participantes recibiron un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado nas especialidades de Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil e de Limpeza de espazos abertos en instalacións industriais

 

 

 

Os alumnos e alumnas, grazas á formación recibida a través deste obradoiro, rehabilitaron varios espazos públicos da localidade e organizaron e avaliaron actividades de tempo libre educativo dirixidas á infancia e á xuventude. Ademais, a partir de agora poden acceder ás ocupacións de monitor de tempo libre ou en actividades no marco escolar e de operario de limpeza viaria ou varredor.

 

Marnotes salientou a aposta da Xunta polos programas mixtos de formación e emprego, xa que ao tempo que ofrecen “formación de calidade” e, polo tanto, serven para enriquecer o currículo, os participantes acceden a un posto de traballo, o que contribúe a fixar poboación nos concellos. Así mesmo, explicou que os obradoiros de emprego contribúen á realización dun servizo para a comunidade e tamén fomentan a colaboración institucional, xa que se realizan en coordinación coas Administracións locais.

 

O director xeral, ademais, destacou a importancia dos obradoiros xuvenís, xa que as actividades que se levan a cabo están relacionadas coa titulación ou formación previa que os mozos e mozas posúen ou, en todo caso, teñen que redundar na mellora do seu nivel de competencia profesional.

 

Afirmou que o obxectivo último dos talleres específicos para menores de 30 anos é seguir reducindo as cifras de desemprego xuvenil e afirmou que “apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade”. Neste senso, asegurou que unha das prioridades do Goberno galego é mellorar a cualificación dos traballadores e traballadoras ao longo de toda a vida laboral, un eixo clave e prioritario da Axenda 20 para o Emprego, a nova folla de ruta da Xunta en materia laboral.

 

 

 

Marnotes resalta a importancia destes programas específicos para mozos e mozas porque redundan na mellora do seu nivel de competencia profesional

 

 

 

Neste ámbito, e, segundo resaltou Marnotes, a estratexia inclúe entre as súas medidas a creación de Unidades de Formación na empresa para impulsar con 2 millóns de euros a especialización e capacitación con compromiso de contratación e a posta en marcha do proxecto piloto ‘Cheque Formación’ para que as persoas desempregadas teñan liberdade de elección e lles acredite para realizar accións formativas concretas dirixidas a mellorar a súa empregabilidade. Así mesmo, sinalou que a Xunta porá en marcha un programa de formación e emprego no rural.

 

‘Mellorar Mos’
Por todas as vantaxes que ofrecen os obradoiros, o director xeral indicou que a aposta da Xunta por este tipo de programas é decidida e, deste xeito, lembrou que recentemente, tamén nesta localidade pontevedresa, rematou o obradoiro ‘Mellorar Mos’ que contou co apoio da Administración autonómica. En concreto, a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou preto de 170.000 euros a esta actuación na que participaron 19 alumnos e alumnas que recibiron un certificado de profesionalidade nas especialidades de Pavimentos e Albanelería de Urbanización e de Mecanizado de madeira e derivados.

 

 

 

Avanza que a nova planificación laboral do Goberno galego inclúe a posta en marcha dun plan de formación e emprego no rural

 

 

 

En global, e a través de diferentes programas, a Xunta investiu en Mos desde 2009 máis de 6,5 millóns de euros para mellorar a empregabilidade de preto de 3.000 persoas sen un posto de traballo.

 

En definitiva, o director xeral sinalou que a Xunta está a darlle un novo pulo ao emprego, preparando á mocidade para ser capaces de adaptarse ao entorno laboral cambiante no que se atopa Galicia e impulsando a formación nos sectores estratéxicos e emerxentes. “Investir en cualificación é apostar pola creación de emprego e novas oportunidades” rematou.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.