Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 09 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui convoca o proceso para a contratación temporal de sete persoas

Trátase de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e un guía turístico.

O Concello de Tui ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder ao proceso selectivo para a contratación de sete persoas. En concreto procederase á contratación de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e  un guía turístico.


Os 4 auxiliares de policía local serán contratados por período de  4 meses, o operario de mantemento electricista que será contratado durante un período de 6 meses, e 12 meses de duración terá o contrato do encargado de redes e aplicacións informáticas. Os interesados en acceder a estes procesos selectivos teñen ata o próximo xoves, 14 de abril, para presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada na casa do concello.


Mentres o guía turístico será contratado a tempo parcial por un período de 6 meses. Neste caso o prazo para a presentación de solicitudes remata mañá xoves 8 de abril.


As bases completas destas convocatorias poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Tui ou na web municipal. As instancias poden presentarse no Rexistro de Entrada do Concello de Tui.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.