Miércoles, 28 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 08 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O alcalde de Nigrán entrega o premio do I Concurso Fotográfico "Nigrán, todo o que buscas"

Rosa María Rodríguez, nai de Javier Campos, foi a encargada de recoller o galardón, que consistía nunha clase de surf.

[Img #24067]

 

O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou onte o premio do I Concurso Fotográfico "Nigrán, todo o que buscas", no que resultou gañador Javier Campos Rodríguez, de 26 anos e veciño de Baiona. A súa nai, Rosa María Rodríguez, foi a encargada de recoller o galardón, consistente nunha clase de surf, nun acto celebrado no Auditorio Municipal ao que asistiron o rexedor nigranense, a concelleira de Cultura, Xuventude e Igualdade, Ana Pérez, o edil de Eduación e Deportes, José Luis Sanromán, o fotógrafo profesional Adrián Irago e representantes de Patos Surf Escola.

 

No evento tamén se deron a coñecer os nomes dos autores das instantáneas finalistas coas que se pretenden realizar distintas campañas de promoción turística da localidade. Estos son: Deborah Torres, Victoria Lvova, Santiago Rodríguez Díaz,  Lucinda Abreu, Martín V. Fernández, Héctor Fernández, Alexandra Pazos, John Morrisey, Javier Iglesias, Fernando Gainzarain, Tita Tur Grivé e Víctor Gómez Romero. Porén, dada a beleza das fotografías, todas formarán parte dunha exposición que se estreará nos vindeiros meses.

 

 

 

No evento reveláronse as isntantáneas que resultaron finalistas e que se empregarán en futuras campañas turísticas do municipio

 

 

 

Estas iniciativas veñen consolidar o principal obxectivo do certame: dar visibilidade ás xoias turísticas do municipio a través da mirada daqueles que desfrutan das súas praias, monumentos, ríos ou montes.
    


O certame en cifras
Na primeira edición do concurso, que se levou a cabo do 19 ao 28 de marzo a través das redes sociais do Concello, participaron 59 persoas aínda que as cifras alcanzadas co álbum foron moi superiores. En total, 30.923 usuarios seguiron o certame a través do perfil de Facebook da Concellaría de Turismo, nas distintas imaxes rexistráronse 12.994 clics e entre o número de reaccións, comentarios e veces partilladas acadouse un volume de 1.893 interaccións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.