O PORRIÑO
Moure acompaña a alumnos de Secundaria á exposición "De Castelao ao mañá. Unha ollada ao cómic galego"
![[Img #24068]](upload/img/periodico/img_24068.jpg)
A concelleira de Educación, Lourdes Moure, acompañou este xoves a alumnas e alumnos d 3º e 4º de Secundaria do Colexio ‘Hermanos Quiroga’ á súa visita á exposición"De Castelao ao mañá. Unha ollada ao cómic galego", aberta o pasado 31 de marzo, coa presenza da alcaldesa, Eva García de la Torre, e que permanecerá no Centro Cultural ata o vindeiro día 21.
A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra para celebrar o ‘Ano Castelao’, iniciou no Porriño o seu percorrido pola provincia con obras de Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad o David Rubín.
A concelleira de Educación subliñou que “esta exposición da a coñecer unha das facetas artísticas máis descoñecidas de Castelao e vencella a mesma coas obras de autores actuais”. "De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego" céntrase na produción do xenial pensador, político, médico, debuxante, escritor, escultor e pintor, nos primeiros anos da súa traxectoria na que foi quen de amosar unha mirada do mundo do arte coma un xeito máis de expresión e do propio sentir de Castelao quen, por medio do debuxo, amosou o seu compromiso coa arte e a lingua galega.
As rapazas e rapaces puideron comprobar que, para facer a visita á exposición máis completa e accesíbel, puideron facer uso do sinal QR, ademais de atender ás explicacións orais e escritas e ás explicacións na linguaxe de sinais, cumprindo co deber de facer accesíbeis os contidos para toas e todos os veciños.
Seguindo a solicitude da Deputación e do Concello, que se suma deste xeito á campaña nas Redes Sociais para difundir o sinal co que se nomea a Castelao na linguaxe de sinais, os asistentes fixéronse unha foto "sinalando" a Castelao que poden subir a Twitter con la etiqueta #signaCastelao.
O sinal consiste en colocar os dedos índice e polgar facendo un círculo sobre un dos ollos, referido ás gafas redondas que levaba Castelao.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136