Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 09 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño organiza “Xuventude en Valores 2016" dirixido a preto de 1.000 alumnas e alumnos de secundaria 

O Concello do Porriño, en colaboración  cos centros de Educación Secundaria IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro e CPI Ribeira, organiza, dende o vindeiro 18 de abril e ata o 8 de xuño, un ciclo de 42 charlas, obradoiros e cursos formativos  dentro da I Edición do Programa “Xuventude en Valores 2016’, dirixido a 942 rapazas e rapaces.


Os obxectivos destas iniciativas son: formar ao alumnado en valores, actitudes e habilidades sociais que axuden a reducir a aparición de futuras condutas de risco, exactamente coñecer  qué tipo de valores son os que sustentan e acompañan as condutas saudables.


Eliminar ideas negativas, estereotipos, prexuízos acerca doutras razas, culturas ou da homofobia de xeito que as alumnas e alumnos de Secundaria coñezan que na nosa sociedade actual, coexisten valores e contravalores, así como modelos de comportamento social.


En base a iso os programas e obradoiros serán os seguintes: ‘Non sexas bocachancla’, sobre comportamento nas Redes Sociais; ‘O meu corpo é meu’, sexualidade responsábel; ‘Drogas, tabaco e alcohol, cómo montamos a festa sen desmontarnos a vida’; ‘A dinámica da risa’; ‘Racismo’, tomando coma punto de partida a música e o  cine, coa proxección da película ‘Crash’ e, en base a ela, un debate; ‘Igualdade’.


No desenvolvemento deste programa, ten especial importancia xerar reflexión e debate de forma participativa co alumnado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.