MOS
O xogador celeste Sergi Gómez visitou ós cativos do Club Louro-Tameiga
Esta iniciativa forma parte do convenio asinado entre o equipo mosense e a Fundación Celta de Vigo.
O defensa do Celta, Sergi Gómez, visitou esta semana ós cativos e cativas do Club Louro-Tameiga, no Campo de Fútbol de Cototorrón, durante unha hora na que conversou con eles, puideron facerlle preguntas, e el asinoulles autógrafos en botas e balóns e regaloulles fotos.
Os 60 nenos e nenas asistentes, acompañados das súas familias, puideron tamén facerse fotos con Gómez para levar como lembranza desta tarde tan especial. Os pequenos eran na súa maioría membros do Club Louro-Tameiga, xogadores das categorías Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.
Ademais dos nenos e os seus familiares, estiveron presentes neste acto o presidente do Club, Patricio Farrapeira, e os adestradores dos cativos. Todos os asistentes coincidiron en afirmar que se tratou dunha experiencia moi positiva e enriquecedora, sobre todo para os cativos, que quedaron moi contentos.
Noutras dúas ocasións previas, o Louro recibirá xa a visita do porteiro mosense do R.C. Celta de Vigo, Rubén Blanco; concretamente nas clausuras dos Campus do Celta celebrados no Campo de Fútbol de Cototorrón.
A de Sergi Gómez é a primeira visita dun xogador celeste dente que a Fundación Celta de Vigo e o Club Louro asinaran un convenio de colaboración no mes de agosto do ano pasado. Tras esta visita, a seguinte iniciativa conxunta entre Celta e Louro será o Campus de Fútbol da tempada estival que se levará a cabo en Cototorrón durante o mes de xullo.
Convenio
En agosto de 2015 o Real Club Celta, no seu empeño por fortalecer os lazos de unión cos clubs do seu ámbito e potenciar o fútbol base da provincia e de toda Galicia, asinou xunto á Fundación Celta un convenio de colaboración co Club Deportivo Louro-Tameiga de Mos, do que se benefician 250 novos xogadores.
Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta; Germán Arteta, director da Fundación Celta, e Patricio Farrapeira, presidente do Club Deportivo Louro, selaron un amplo convenio que, a petición do club de Mos, inclúe asesoramento técnico a nivel de metodoloxía e hábitos de adestramento.
Ao longo da presente tempada, con opción a ampliación, o Club Deportivo Louro conta nos seus adestramentos con profesionais do Real Club Celta, que achegan os seus coñecementos e información aos adestradores e futbolistas mosenses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136