PONTEAREAS
ACIP denuncia o “lamentable estado de abandono” do mobiliario urbano e instalacións
![[Img #24084]](upload/img/periodico/img_24084.jpg)
A viceportavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Raquel Bautista Alfaya, vén de denunciar o que cualifica de “lamentable estado de abandono e caos no mantemento” de instalacións e mobiliario urbano en Ponteareas froito da “ineficacia dun Goberno que, en lugar de cumprir co seu cometido, limítase a botarlle as culpas ao anterior executivo”, engade Bautista Alfaya.
Para a viceportavoz de ACiP, os dez meses transcorridos dende as eleccións, “son tempo dabondo para asumir a responsabilidade de gobernar” e o único que ven os veciños e veciñas, explica Raquel Bautista, “é un casco urbano abandonado e cunha pésima imaxe”.
A concelleira independente enumera unha serie de deficiencias “que están a vista de todos” como son os bancos rotos dende hai meses; baldosas levantadas nas prazas públicas “que orixinan caídas diarias dos veciños e veciñas”; vías intransitables por culpa da maleza e de falta de limpeza; excrementos de cans que levan semanas sen ser recollidos ou parques infantís levantados e que non se reparan. Todo isto, en conxunto, afirma Raquel Bautista, “ofrece unha vergoñenta imaxe de abandono e deterioro”.
Xa non valen mais desculpas de falta de persoal cando aos catro ventos venderon na prensa a contratación de mais de 34 persoas e mais cando o goberno esta contratando obras de reparación con empresas externas cando eran traballos realizados polo persoal do Concello o que leva un gasto engadido e innecesario
Bautista lembra que os veciños e veciñas “seguen a pagar os seus impostos” e merecen que os servizos municipais estean á altura que se espera dunha vila da importancia de Ponteareas.
Asemella, asegura a edil de ACiP, que o único que lle preocupou ao Goberno “foi o reparto de salarios incrementando a cantidade para os concelleiros e concelleiras, pero sen preocuparse do realmente importante como é a planificación e a xestión de goberno”.
A viceportavoz de ACiP esixe á concelleira de Vías e Obras, María Jesús Garrote, e ao alcalde que “poñan fin a esta situación de abandono do noso Concello” e lémbranlle ao alcalde “que é o máximo responsable da situación que se está a dar e que, as liortas entre os socios de goberno, non teñen porque pagalas os veciños”, remata Raquel Bautista.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149