NIGRÁN
O presidente da Xunta inauguran o Edificio Tecnolóxico Aeroespacial do parque empresarial Porto do Molle
O Alcalde de Nigrán, Juan González destacou no acto que “a tecnoloxía e a innovación son os principais motores” do polígono industrial.
![[Img #24086]](upload/img/periodico/img_24086.jpg)
O alcalde de Nigrán, Juan González, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inauguraron esta semana o Edificio Tecnolóxico Aeroespacial no parque industrial e empresarial de Porto do Molle, de 6.392 metros cadrados e que albergará a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (CINAE), un viveiro para empresas de base tecnolóxica, ademais de funcionar como sede de firmas privadas.
O rexedor nigranense destacou que “a tecnoloxía e a innovación son os principais motores deste polígono”, ubicado no municipio. “Hoxe é unha festa para Nigrán, sobre todo, para os empresarios e investigadores que vades consolidar esta iniciativa”, declarou, para engadir que auguraba “mil primaveras máis a Porto do Molle”.
Ao acto tamén asistiron a subsecretaria de Facenda e Administracións Públicas, Pilar Platero; a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca, Teresa Pedrosa; o alcalde de Vigo e presidente do Pleno do Consorcio da Zona Franca, Abel Caballero, a vogal representante do Consorcio da Zona Franca, Carmela Silva, así como o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, entre outras autoridades.
Na súa intervención, Caballero suliñou “a coordinación entre todas as institucións” para que este espazo fose unha realidade e destacou a colaboración estreita entre Nigrán e Vigo para a consolidación de Porto do Molle como foco de innovación.
Cunha superficie de 6.392 metros cadrados, este espazo albergará a Fundación CINAE, un viveiro de empresas e funcionará como sede de firmas privadas
A Fundación CINAE, que ten como patróns fundadores públicos ao Consorcio da Zona Franca e á Universidade de Vigo, e de carácter privado, a Airbus; o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG); Delta Vigo e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (UDEGA), ten como misión fundamental traballar polo desenvolvemento en Galicia dun novo polo estratéxico industrial nos sectores aeronáutico e espacial, así como potenciar, neste ámbito, a colaboración público-privada.
O centro constará de dous eixes de actividade, por un lado, a investigación, con proxectos de I+D+I, en colaboración coa Universidade de Vigo e, por outro, os servizos, con capacidade para a xestión de proxectos propios e de clientes galegos, nacionais e internacionais.
O CINAE disporá ademais, de instalacións técnicas para a realización de ensaios e probas técnicas que completarán a oferta que xa ofrecen os centros tecnolóxicos nesta área. Neste sentido, o edificio ofrece unha ampla superficie para o desenvolvemento destas e outras actividades. Está dividido en catro plantas e un soto, e dispón de distintas instalacións, como un espazo de coworking, locais comerciais e oficinas, salas multiusos ou de reunións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44