GALICIA
A Xunta publica as listas provisionais de acceso á acreditación da experiencia profesional
Preto de 2.200 persoas poderán beneficiarse este ano desta iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa que se recoñece con carácter oficial e validez nacional a experiencia ou formación non formal dos traballadores.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicaba esta semana en Internet as listas provisionais de acceso ao procedemento para acreditar a experiencia profesional, un procedemento do que este ano se poderán beneficiar preto de 2.200 traballadores galegos. Trátanse, en concreto, de 2.171 novas prazas e dúas novas cualificacións: aproveitamentos forestais e tanatopraxia.
Así, en total son 10 profesións as que se poden acreditar nesta convocatoria, as dúas novas e as de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e a persoas dependentes en institucións sociais; servizos para o control de pragas; xestión de servizos para o control de organismos nocivos; socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas; extinción de incendios e salvamento; e confección e mantemento de artes e aparellos.
O prazo para emendar os defectos ou as causas de exclusión nas listas rematará o próximo día 18 de abril
As persoas interesadas en emendar os defectos ou as causas de exclusión nas listas terán de prazo ata o próximo día 18 para facelo. No mes de maio está previsto que se publiquen as listas definitivas cando se anunciarán as datas, lugar e horas para o inicio do asesoramento.
Estas acreditacións teñen carácter oficial e validez nacional, polo que as persoas que obteñan estes recoñecementos poderán facelos valer no mercado laboral como certificados oficiais dos coñecementos e capacidades adquiridos a través de anos de experiencia. Isto facilitará ás persoas avanzar e progresar na súa carreira profesional e ás empresas permitiralles optimizar o aproveitamento dos seus recursos humanos.
A convocatoria deste ano inclúe 10 profesións entre as que son novidosas as de aproveitamentos forestais e tanatopraxia
A Consellería de Economía, Emprego Industria vén activando desde 2011 este procedemento para recoñecer as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. De media, ao ano, véñense convocando desde entón en torno a 2.000 prazas. Das preto de 10.000 prazas convocadas ata o momento, 7.860 acadaron unha acreditación oficial da súa competencia profesional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217