PROVINCIA
Areeiro recomenda renovar o tratamento contra a excoriose nos viñedos con folla incipiente unha vez finalicen as precipitacións
Os técnicos da Estación Fitopatolóxica dependente da Deputación sinalan que será necesario revisar os viñedos tras as precipitacións posto que a humidade favorece especialmente este fungo.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un novo aviso fitosanitario no que recomenda renovar o tratamento contra a excoriose nos viñedos en "estado fenolóxico D" -viñedos con follas incipientes- unha vez cesen as precipitacións. Baseándose nas previsións meteorolóxicas previstas para esta semana, na que se esperan precipitacións, recoméndase revisar a viña e renovar a intervención en canto cesen, posto que a humidade é especialmente favorable para este fungo.
O aviso tamén inclúe recomendacións sobre o pedroulo e outros curculiónidos, un tipo de coleóptero que non adoita afectar moito aos viñedos da provincia de Pontevedra pero que puntualmente pode ser moi nocivo. Sobre o pedroulo os técnicos recomendan revisar as viñas que xa teñan historial de problemas con este coleóptero, viñas afectadas nos últimos anos, e se se detecta a súa presenza será necesaria a súa eliminación mecánica.
O aviso tamén inclúe unha recomendación relacionada co ácaro do botón floral en camelias, indicando que é agora o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro que está iniciando a súa actividade na maioría de especies e cultivares de camelia. Cita como materias activas rexistradas fronte a ácaros en camelia a abamectina, o aceite de colza máis piretrinas, o aceite de parafina, o xofre e o oxamilo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60