Domingo, 12 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 12 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

A sede dos Populares mosenses abrirá tres días a semana

Anuncian melloras na súa sede para abrila ó público e inician unha campaña de afiliación e actívanse nas redes sociais; entre outros "ambiciosos proxectos"

[Img #24156]

 

O presidente local do PP de Mos, Camilo Augusto e a alcaldesa popular Nidia Arévalo informaron hoxe da “nova etapa que está a iniciar o grupo municipal popular”. Na súa sede de Petelos estanse a acometer melloras materiais “de cara a abrir as súas portas ó público tres días á semana, concretamente os luns, mércores e venres” explican.

 

Augusto explicou que os luns e venres a sede abrirá en horario matinal de 09.00 horas a 13.00 horas e os mércores en horario de tarde, de 16.00 horas a 20.00 horas.

 

Unha vez rematadas as melloras na sede local e abertas as súas portas novamente ó público, realizarase unha campaña de afiliación. Camilo Augusto declarou a este respecto que “aínda que o PP de Mos conta cun groso número de afiliados, rexistrouse últimamente a demanda entre os simpatizantes de abrir un novo período para realizar novas afiliacións”.

 

Outra novidade na que se está a traballar dende o Partido Popular mosense é “na creación dunha páxina web máis funcional e atractiva acorde cos novos tempos que corren, na que todos os usuarios da mesma poidan contar cun espazo de consulta e participación” explica Arévalo, engadindo que “ó tempo que se moderniza a web do partido, outro obxectivo será dinamizarse tamén nas redes sociais partindo do xa existente perfil de Facebook de Populares de Mos, que servirá de base a esta campaña de enfatización e presencia nas redes sociais”.

 

"Todo este labor que se está a desenvolver e que continuará o longo dos vindeiros meses conta co apoio complementario e indispensable das persoas que conforman a directiva local do PP de Mos, así como de novas incorporacións humanas que decidiron sumarse a este proxecto" sinalan dende o partido.

 

Augusto comentaba así mesmo que “dende o Partido Popular de Mos cremos que o labor de partido debe extenderse moito máis aló da sede, por iso trataremos tamén de ser máis activos na organización de eventos sociais e culturais de interese xeral nos que poidan participar afiliados e simpatizantes”. Esta nova etapa surxe despois das derradeiras eleccións municipais celebradas en maio do ano pasado, para poñer en marcha o engranaxe de funcionamento do partido no ámbito local e para quentar motores de cara ás vindeiras citas electorais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.