PROVINCIA
A Xunta convoca por terceira vez ao concello de Vigo a unha reunión para falar da estación intermodal e do transporte
Tras a última comunicación de onte do Concello de Vigo na que prantexaba cambios na convocatoria do encontro acordada para o día de hoxe en Santiago, a Dirección Xeral de Mobilidade volveu trasladar ao goberno local a súa dispoñibilidade de manter a data e celebrar a reunión á mesma hora na Delegación da Xunta.
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda ven de convocar ao Concello de Vigo a unha reunión para falar do proxecto da estación intermodal e sobre as melloras do servizo do transporte urbano co aeroporto de Peinador.
Tras a sorpresa polas últimas declaracións feitas ao respecto onte polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e unha posterior comunicación da Concellería de Transportes na que prantexaba cambios na convocatoria do encontro xa acordada para o día de hoxe en Santiago co único obxecto de tratar o proxecto da estación intermodal, a dirección xeral de Mobilidade volveu a trasladar ao goberno local esta mañá a súa dispoñibilidade en manter a data acordada e celebrar o encontro na tarde de hoxe na Delegación da Xunta.
“Caballero díxoo aos medios e logo nos comunican que non queren a reunión nin o martes nin en Santiago. Non entendo a actuación deste goberno”, sinalou esta mañá o delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, en rolda de prensa apuntando ademais que o goberno local prantexaba temas diferentes ao obxecto da convocatoria e que se celebrase na cidade olívica.
O delegado territorial en Vigo, Ignacio López-Chaves, asegurou que a Xunta financiará o 100% da estación de autobuses
Tendo en conta esta última postura do goberno local e a total dispoñibilidade que pretende a Xunta de Galicia para avanzar no proxecto da estación intermodal e tamén para prestar a súa colaboración na mellora da conectividade do servizo do transporte urbano con Peinador, a dirección xeral de Mobilidade convocou ás dúas representantes do goberno local que trasladaron a súa conformidade a acudir á reunión a un encontro esta tarde na Delegación da Xunta.
O delegado territorial manifestou a clara vontade do Goberno galego en continuar co proxecto da estación intermodal e neste senso deixou claro que a Xunta financiará o 100% da estación de autobuses. De feito, o Goberno galego está a avanzar actualmente na redacción do proxecto construtivo da nova estación de autobuses de Vigo que, integrada na terminal ferroviaria, fará desta cidade a primeira de Galicia con estación intermodal.
Corresponde ao Concello de Vigo dotar de accesos a estación, igual que no resto das intermodais en desenvolvemento, máis aínda tendo en conta que actualmente os autobuses urbanos non poden acceder á terminal ferroviaria
E de acordo co modelo que se está a seguir nas cidades da Coruña, Santiago e Ourense, no caso de Vigo, e coma lembrou López-Chaves, a Xunta entende que é responsabilidade do Concello dotar de accesos ao novo complexo, máis aínda tendo en conta que eses accesos darán servizo tamén á terminal ferroviaria –á que actualmente non poden acceder os autobuses urbanos- e ao centro Vialia proxectado.
Cabe lembrar que a Dirección Xeral de Mobilidade solicitou o pasado mes de febreiro outra xuntanza ao concelleiro de Fomento para abordar a colaboración entre a Xunta e a Administración local para mellorar o funcionamento do servizo de autobús ao aeroporto de Peinador. Tendo e conta a comunicación feita onte polo Concello de Vigo, dito asunto tratarase hoxe tamén na reunión convocada para esta tarde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213