NIGRÁN
Nigrán elabora o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar de Praia América e Panxón
Os 35.000 metros cadrados que ocupa este espazo contan con esta consideración provisional dende xullo de 2014.
O Concello de Nigrán está a elaborar o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América-Panxón para envialo á Xunta de Galicia, de xeito que sexa considerado Espazo Natural de Interese Local (ENIL) con carácter definitivo. Estes 35.000 metros cadrados de terreo foron declarados como ENIL en xullo de 2014, pero de forma provisional e por un prazo máximo de dous anos.
O documento, requisito imprescindible para obter este recoñecemento, recolle un conxunto de medidas en prol da mellora dos valores naturais e paisaxísticos deste sistema dunar, incluído tamén no Inventario de Sistemas Dunares de España da Dirección Xeral de Costas. Estas actuacións forman parte do proceso de planificación previa esixido para acadar os obxectivos fixados neste espazo, así como para a xestión dos recursos naturais do ENIL.
O texto establece así o réxime de usos e actividades permitidas, ademais das limitacións necesarias para a conservación do ecosistema dunar de Praia América e Panxón, de titulariedade pública, nos ámbitos da investigación, formación, educación, sensibilización social e desenvolvemento sustentable. Estas determinacións entrarán en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
"A declaración deste espazo como ENIL supón consolidar a protección dun enclave de gran interese ecolóxico, non só para Nigrán, senón tamén para a súa comarca e a propia ría de Vigo, debido ás súas singulares características, tanto na flora como na fauna", comenta Juan González, alcalde de Nigrán.
Este ecosistema sufriu durante décadas o efecto do desenvolvemento urbano e turístico, que afectou e modificou as condicións de equilibrio da zona. Alterouse a dinámica sedimentaria costeira debido á construción de infraestruturas como o espigón do porto e o paseo de Panxón ou á extracción de area para a construción.
Entre as medidas do documento inclúese o réxime de usos e actividades permitidas e limitadas para a recuperación e preservación dos areais
Co fin de paliar esta situación, o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América-Panxón contempla a restauración, protección e conservación dos seus dous hábitats, os dunares e os estuarios, así como das poboacións de flora e fauna, como o chorlitexo patinegro; aumentar a súa superficie ata o seu máximo potencial; favorecer a súa madurez, complexidade estrutural e biodiversidade; e diminuír a frecuencia humana e a accesibilidade ao sistema.
Entre as medidas de conservación dunar caben destacar a prohibición de calquera actuación que supoña a destrución do hábitat dunar e de especies incluídas no Catálogo Rexional e Nacional de especies ameazadas da flora e fauna, como a extracción de area, a vertedura de cascallos e outros materiais de refugallo ou a retirada dos postos de salvamento da vexetación das dunas. No caso da fauna, dada a vulnerabilidade do chorlitexo patinegro, unha das especies máis emblemáticas dos areais, contémplase a protección das zonas de cría e invernada e o incremento do seu éxito reprodutivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184