Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 15 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

FES-UGT denuncia improvisación e falta de medios en materia de seguridade nas estacións de ADIF do eixo Atlántico

A pesar de ter decretado o Ministerio de Interior “alerta 4”, a seguridade é mínima en todas as estacións, inexistente en Arousa e en Pontevedra redúcese a quenda de mañá.

"De todos é coñecida a situación de alerta decretada polo Ministerio do Interior en todo o territorio nacional e, en especial, na cidade de Santiago de Compostela, onde ao decretarse a 'Alerta 4', amplíanse os efectivos policiais e extrémanse as medidas de seguridade xa de por si existentes" explican dende FES-UGT.

 

"Certo é que a seguridade ao cen por cento é imposible de conseguir pero tamén é certo que tanto as administracións como as empresas privadas de transporte están obrigadas a garantir a maior seguridade posible aos usuarios dos transportes públicos e cidadáns en xeral".


A Federaciónn galega de Servizos (FES-UGT) non entende que a empresa ADIF na última década incida nos recortes en materia de seguridade no chamado “Eixo Atlántico de Alta Velocidade”, deixando á súa sorte o que poida ocorrer nos seus trens ao non poder realizar cunhas mínimas garantías o control dos viaxeiros que acceden aos mesmos,  sirva como exemplo o seguinte:

 

  • Santiago de Compostela é para o Ministerio do Interior posible obxectivo de atentado terrorista.
  • O Ministerio do Interior decreta ALERTA 4, polo que pide que se extremen as medidas de seguridade nos medios de transporte e lugares de alta concentración de persoas.
  • As estacións que comprenden o Eixo Atlántico son A Coruña, Santiago, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo

 

Das estacións anteriormente mencionadas, según FES-UGT, hai seguridade mínima en todas ellas e en dúas a situación aínda é máis precaria. Concretamente, Vilagarcía de Arousa está sen seguridade de ningún tipo como. Nesta, o control de acceso ao tren faise sen ningún control de seguridade. Por outra banda, en Pontevedra permítense o luxo de reducir a quenda de mañá de seguridade. Por todo isto, o Sector de Seguridade Privada de FES UGT Galicia entende que estas decisións crean un risco aos cidadáns que utilizan este tipo de transporte público.


Se isto é o que entende a dirección de ADIF por extremar as medidas de seguridade para garantir as vidas das persoas que utilizan este medio de transporte, FES considera que “apañados imos os traballadores e usuarios”. Desde UGT denúnciase publicamente a improvisación á hora de garantir a seguridade tanto do persoal asignado a esta función, como a dos propios usuarios que día a día utilizan este medio de transporte nas estacións do devandito Eixo Atlántico.


Os recortes matan e como exemplo só temos que remontarnos ao pasado mes de marzo onde un vixiante de servizo faleceu tras sufrir unha brutal agresión por parte dun usuario de ADIF en Cataluña.


FES ESIXE O CUMPRIMENTO DA LEI DE SEGURIDADE PRIVADA NOS CONTROIS DE ACCESO


FES-UGT esixe aos responsables da devandita empresa o cumprimento da Lei de Seguridade Privada en materia de controis de acceso e a dotación adecuada de vixiantes de seguridade en cada estación para minimizar os posibles riscos e non antepoñer os intereses económicos da empresa á seguridade dos usuarios e traballadores.
A intención de FES-UGT non é xerar alarma, senón que se adopten as medidas adecuadas para evitar unha desgraza da que todos seríamos responsables, uns por actores e outros por non tomar as medidas que impidan actuar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.