Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 14 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Agadic subvenciona este ano os festivais audiovisuais Play-Doc, Curtocircuíto, Cans, (s8), FIC Bueu e Freakemacine

Esta liña de axudas dotouse con 105.000 euros, incrementando nun 16 por cento o seu orzamento respecto á anterior convocatoria.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a relación dos seis certames adxudicatarios en 2016 da convocatoria de subvencións a festivais do sector audiovisual. Entre eles distribuiranse, en diferentes contías, os 105.000 euros cos que se dotaron estas axudas, que incrementaron nun 16 por cento o seu orzamento respecto a 2015.

 

Deste xeito, apóiase con 24.395,08 euros a duodécima edición do Play-Doc Festival Internacional de Documentais, que dá comezo esta noite en Tui, así como o XIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto de Santiago de Compostela (22.789,36 euros), o XIII Festival de Cans (22.218,76 euros), a sétima (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (18.076,25 euros), o IX Festival Internacional de Curtas (FIC) de Bueu (12.366,76 euros ) e o VIII Freakemacine (FKM) Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña (5.153,78 euros).

 

Traxectoria, programación e viabilidade
Este é o terceiro ano no que a Agadic convoca este programa específico de subvencións co que regula, a través dunha convocatoria pública e en réxime de concorrencia competitiva, o seu apoio económico a certames, semanas e mostras audiovisuais. O seu obxectivo é optimizar, sistematizar e garantir a transparencia na adxudicación dos recursos públicos a este tipo de eventos, de xeito que o orzamento dispoñible para este fin se distribúe de acordo cunha serie de criterios obxectivos. Unha comisión integrada por expertos independentes foi a encargada de analizar as propostas presentadas, así como de valorar a súa traxectoria, programación, viabilidade e interese.

 

 

 

A través desta adxudicación apóiase o labor de difusión destes seis certames en xéneros e formatos como o documental, as curtametraxes, o cinema independente ou o fantástico

 

 

 

Entre os requisitos esixidos este ano están os de desenvolverse en Galicia entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016, ter unha duración mínima de catro xornadas con cando menos 20 proxeccións e contar con tres edicións consecutivas anteriores á publicación da convocatoria. Ademais, a programación proposta debe conter un cinco por cento de títulos ou cinco sesións de filmes producidos en Galicia ou dirixidos por profesionais galegos.

 

Datas confirmadas
Os seis festivais subvencionados este ano teñen xa confirmadas as súas datas de celebración. Así, tras o Play-Doc de Tui, que se desenvolve desde hoxe e ata o día 17, terá lugar o Festival de Cans, no Porriño, do 18 ao 21 de maio; o (S8) na Coruña, do 1 ao 5 de xuño; o FIC en Bueu, do 10 ao 17 de setembro; o Curtocircuíto en Santiago, do 3 ao 9 de outubro; e o FKM na Coruña, do 24 ao 31 de outubro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.