Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 15 de Abril de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Aula CEMIT do Porriño celebrará a charla “Quen visita a túa web, a resposta Google Analytics”

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica do Goberno de Galicia, Rede CeMIT, do Concello celebrará a charla “ Quen visita a túa web, a resposta Google Analytics”. Impartida por Óscar Pásaro García, está dirixida a profesionais do mundo do marketing, área en liña, publicidade e promoción; programadores web, product managers, community managers, cargos directivos, supervisores e executivos de contas ou xerentes de pemes.


Óscar Pásaro García é, na actualidade director comercial de conpas.net, tamén foi consultor SAP en Telecinco; consultor externo en Cap Gemini Sogeti; consultor en Accenture; consultor de sistemas en IBM ou consultor externo en Telefónica.


A charla será retransmitida o vindeiro martes 19  de abril de 4 a 8 da tarde. As persoas interesadas en asistir deberán facer a súa reserva da praza na propia Aula CeMIT, no teléfono 986.338.217 ou ben enviando un correo electrónico a cemit.oporrino@xunta.es.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.